ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / O Proxecto Ríos chega á maioría de idade

14-06-2022

O Proxecto Ríos chega á maioría de idade

O presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Roi Cuba e as conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron o convenio para o ano 2022 por vía electrónica.
A sinatura da continuidade á cooperación para promover o coñecemento e coidado dos recursos fluviais de Galiza entre a sociedade a través do 'Proxecto Ríos' que ten a finalidade de promover o coñecemento e coidado dos recursos fluviais do país.
O Proxecto Ríos cumpre 18 anos e dá continuidade a este programa de voluntariado e educación ambiental iniciado no 2004, e na que Galiza é un referente estatal

Preténdese seguir incrementando a participación cidadá no programa 'Proxecto Ríos', mediante accións e actividades formativas, cursos ou campañas de limpeza. Actuacións que afondarán na concienciación sobre a importancia de protexer o medio natural e espertan unha maior preocupación e implicación no coidado dos ríos entre as novas xeracións.
A programación do 'Proxecto Ríos' para este ano 2022, inclúe actividades de formación e apoio, ou o encontro de voluntariado ou a descuberta da biodiversidade no medio fluvial. Así mesmo, continuarase  coas campañas de primavera e outono, entre outras actividades, a limpeza simultánea de ríos, rutas específicas ou saídas a rutas de sendeirismo polos ríos  e xornadas formativas para coordinadores do 'Proxecto Ríos'.
Inclúese tamén no convenio a elaboración de materiais e infografías que melloren a difusión dos obxectivos do proxecto, así como a posta en marcha dunha aplicación móbil para que os voluntarios poidan recoller información de inspección en diferentes dispositivos móbiles.

Ademais, Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega manterán a colaboración na elaboración da listaxe que determina os tramos fluviais prioritarios para acadar a máxima eficacia no desenvolvemento das actividades programadas de limpeza e inspección.
A información sobre a evolución deste programa estará dispoñible no xeoportal 'Proxecto Ríos', creado para a difusión á sociedade do estado de saúde dos ríos inspeccionados por voluntarios. Ademais, toda a documentación xerada e as actividades realizadas manterase actualizada na páxina web www.proxectorios.org, para a súa consulta e mellor coñecemento cidadán.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal