Inicio / Novas / Delegacións / O Tribunal Superior confirma a ilegalidade do...
01-02-2014
Tras moitos anos de loita, denuncias e reinvidicacións de entidades ecoloxistas , e outros colectivos e veciñanza (ADEGA, Verdegaia, SGHN, Greenpeace, Comunidade Menáncaro, EU, Colectivo Artabra 21, Xoaniña ..) unha nova sentenza do TSXG reforza a proteción integral da Fraga de Menáncaro, onde, se pretendía a construción, en plena Fraga de 69 Chalets e un hotel de luxo por medio de unha inmobiliaria.
A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carballeira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal