ADEGA

Inicio / Buscador / Asina o manifesto "Salvemos o Macizo Central"...

23-05-2021

Asina o manifesto "Salvemos o Macizo Central" contra o parque eólico de Rebordechao

Salvemos O Támega - ADEGA Monterrei publica este 23 de maio o manifesto “Salvemos O Macizo Central” co obxectivo de dar a coñecer, concienciar e denunciar publicamente a gravísima ameaza que o Parque Eólico de Rebordechao supón para o Macizo Central, o seu valiosísimo patrimonio natural e cultural, pasando polas posibles repercusións na saúde e a influencia negativa na economía das zonas afectadas a medio prazo.

A través deste manifesto, a delegación de ADEGA en Monterrei procura reunir o máximo apoio social de cara ao rexeitamento deste megaproxecto eólico formado por 28 aeroxeradores, cunha potencia de 154 MW en total, unha auténtica aberración ambiental e paisaxística, que chega da man do grupo noruegués Statkfrat e que está a ser tramitado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Salvemos O Támega-ADEGA Monterrei, xunto coa colaboración de Rubén Bermejo e Xosé M. Romero, son os autores materiais deste manifesto, pero detrás está cada aldea, cada monte, cada costa afectada da nosa terra por esta desfeita que converte a Galicia nunha terra de sacrificio a pasos de xigante.

Como mostra de repulsa social ante este irracional proxecto, os apoios acadado a través da sinatura do manifesto “Salvemos O Macizo Central” serán entregados diante da Dirección Xeral de Política Enerxética, organismo do Ministerio de Transición Ecolóxica, que está a tramitar o expediente.

Enlace ao manifesto completo:https://salvemosomacizo.wordpress.com/galego/ 
Enlace á versión castelá: https://salvemosomacizo.wordpress.com/manifiesto 

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal