ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Novas actividades de ambientalización do campus...

03-12-2013

Novas actividades de ambientalización do campus da UDC

Por unha banda, o 11 de decembro de 2013, estaremos no Monte da Fraga da UDC eliminanado flora exótica invasora, concretamente rebrotes de Eucaliptus, Buddleja davidii e Cortadeira, a partires das 12:00 da mañán. Previamente, ás 10:30 se impartirá unha charla sobre as especies exóticas invasoras no salón de actos da Facultade de Ciencias da UDC. Pódese participar nesta actividade previa anotación en: oma3@udc.es

O 12 de decembro, xoves, desenvolverase a IV Feira da Sustentabilidade na Facultade de Económicas da UDC de 11:00 a 19:00. Tratase dunha iniciativa para o consumo responsable nestas datas de Nadal. Haberá postos de artesanía, feira de asociacións, recollida de alimentos para a cociña económica de Coruña, recollida de móbiles e de xoguetes, así como varios obradoiros durante todo o día. Contaremos tamén cun espazo para un mercadiño de troco onde podes traer cousas que non uses e intercambialas por outras.
Se pertences a algunha asociación ou fas artigos de artesanía podes participar cun posto escribindo a: pacobanhobre@adega.gal ou ben chamando ao 981 57 00 99.
Máis información nesta ligazón
Tamén en Facebook: IV Feira da Sustentabilidade

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal