Conservando o patrimonio etnográfico do río Gallo Imprimir
Envia Conservando o patrimonio etnográfico do río Gallo a FaceBookEnvia Conservando o patrimonio etnográfico do río Gallo a Twitter

cuntis21 de novembro de 2012. O proxecto Arredor da Auga é unha iniciativa de custodia fluvial que ADEGA en colaboración coa asociación O Fervedoiro promoven na vila de Cuntis. Enmárcase dentro dun proxecto maior que se desenvolve nas bacías do Ulla do Umia e do Lérez, e que pon en valor o patrimonio natural e cultural dos ecosistemas fluviais mediante iniciativas de entidades sociais. Este ambicioso proxecto, ideado para a súa realización no río Gallo (pertencente á cunca hidrográfica do río Umia) ten por obxecto concienciar á sociedade do valor da conservación dos ecosistemas fluviais e do seu patrimonio.

Velaí que ademais de ter identificado boa parte da fauna e flora do Gallo (grazas á colaboración de varios especialistas de Naturgalicia), O Fervedoiro teña catalogado os lavadoiros fluviais e o patrimonio etnográfico ligado ao río.

O proxecto completo denominado Custodia Fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez abrangue estas tres cuncas dos ríos galegos onde tamén se desenvolven outras iniciativas, está promovido por ADEGA e financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER .
A custodia fluvial é unha ferramenta que permite velar pola conservación dos valores dos cursos fluviais. Este tipo de actuación fai partícipe a poboación local, sendo esta a protagonista da propia acción, alén de posibilitar a implicación e identificación co proxecto e empoderando as persoas e entidades participantes.
Seguindo esta nova filosofía de conservación O Fervedoiro decidiu deseñar un roteiro polo río Gallo que terá un lavadopercorrido circular aproximado de 3,5 km, que ben calquera cuntiense ou visitante poderá facelo en non moito tempo e, á par, descubrir o valor da contorna. A ruta, que partirá dos lavadoiros termais cuntienses (localizados na praza de Galiza), continúa polo tramo vilego do río Gallo (onde se contemplan os lavadoiros fluviais), a continuación pola ponte do Budión até os Pasos de Meira. De aí discorre cara á a ponte de Nieto, dende onde se volverá á vila do Baño (Cuntis).
Ademais do correspondente balizamento de sinalización, contarase con varios paneis explicativos cunha ordenada e ampla información. Os paneis, deseñados a toda cor e dun xeito atractivo e cómodo, reproducen anacos do pasado cuntiense (tratando incluso sobre antigos oficios) e descobre o nome das especies animais e vexetais máis senlleiras das ribeiras do río Gallo.
Estes días comenzaron os labores de restauración dos famosos Pasos de Meira e, en breve, procederase a erguer da ruína un antigo lavadoiro fluvial. Así e todo, está previsto para o mes de decembro realizar unha xornada de limpeza dos lavadoiros fluviais da vila do Baño.
O goberno municipal de Cuntis ten sido informado da situación do proxecto periodicamente, e contarase coa súa colaboración para a colocación dos paneis.
Espérase unha boa acollida do proxecto que non só é bo para os veciños e veciñas deste concello senón para todos os visitantes que gusten do medio ambiente e de saber da nosa historia, costumes e tradicións.

Contacto: Lucía Parente (Coordinadora do Proxecto). Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com