Limpeza no río Gallo Imprimir
Envia Limpeza no río Gallo a FaceBookEnvia Limpeza no río Gallo a Twitter

 

8042737122 6bd9fd58a3 bO último día do mes de setembro, a Asociación Cultural O Fervedoiro participou nunha limpeza do río Gallo promovida por ADEGA. Dende o colectivo, dez voluntarios/as xuntáronse xunto á pasarela de madeira existente no centro do núcleo urbano ás 9 da mañá para comezar o traballo, compromiso e defensa do medio ambiente. Dende a cerna urbana o grupo dirixiuse río abaixo, unha distancia aproximada de medio quilómetro e aínda que non se sacaron tantos residuos como noutras ocasións, serían algo máis de 200 kg de lixo inorgánico os retirados do cauce.

Entre os residuos retirados atopáronse: carretillas, un asento de automóbil, tambores de lavadoras, xoguetes, as estruturas metálicas de colchóns, anticonceptivos, latas, envases, ferros, plásticos, tubaxes plásticas e, incluso, cintas protectoras de obras. Ao mesmo tempo, púidose comprobar como –aínda hoxe– no lugar da Ponte e na contorna das piscinas existe gran concentración de escuma en suspensión nas augas, de procedencia posibelmente do uso de deterxentes, aceites e canalizacións que –outra volta– continúan a vomitar restos pouco agradábeis para a vista pero, tamén, para o medio natural. A iso das 13:00 h. un grupo de voluntarios continuou río arriba cara á zona do parque do Castro, recollendo por esa zona algo así como 50 kg máis de residuos. Con esta actividade a asociación da conta do seu compromiso co medio natural, e co río no que se desenvolve o proxecto Arredor da Auga.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com