Inspección no río Gallo Imprimir
Envia Inspección no río Gallo a FaceBookEnvia Inspección no río Gallo a Twitter

 

7395681686 2c1ac7a537 zA Asociación O Fervedoiro de Cuntis, realizou unha saída de inspección ao río Gallo para coñecer a vida que forma parte do mesmo, e comprobar o estado da auga. Armados con lápis e fichas, cumplimentáronse os datos que ofrecía o conxunto do río, as súas beiras e a súa canle. Identificando así a fauna e flora que habita neste medio natural. Botando man de varias mostras de auga observouse a gran cantidade de vida que se pode chegar a atopar nunha pequena proporción de río. Tomouse nota do caudal que levaba nese momento, máis alto do normal para esta época do ano debido as choivas que houbo días atrás. Polo que respeta a calidade da auga nese preciso intre non advertimos ningunha anomalía, algo que por desgraza non é habitual. Pois, en varias ocasións, tense observado certas saídas que dan ao Gallo outras cores nas augas fluviais. Esta inspección forma parte do proxecto que a asociación o Fervedoiro está a realizar en colaboración con ADEGA no río Gallo. O proxecto chamado Arredor da Auga terá máis actividades que se desenvolverán nos próximos meses para a posta en valor do seu patrimonio etnográfico fluvial.



Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com