Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
ADEGA pide a anulación da DIA de Corcoesto pola ocultación de datos sobre o arsénico e a incorrecta catalogación dos residuos PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide a anulación da DIA de Corcoesto pola ocultación de datos sobre o arsénico e a incorrecta catalogación dos residuos a FaceBookEnvia ADEGA pide a anulación da DIA de Corcoesto pola ocultación de datos sobre o arsénico e a incorrecta catalogación dos residuos a Twitter
As5 de xullo de 2013. Outro pdfestudo científico vén a cuestionar os datos sobre a potencial contaminación por arsénico ocasionada pola mina de Corcoesto e que tanto a mineira como a Xunta minusvaloraron, ignoraron ou ocultaron no proxecto e na declaración de impacto. Os investigadores da USC advirten dunha alta mobilización de arsénico polo proxecto mineiro, poñen en dúbida os métodos de Edgewater e a Xunta para calcular este parámetro e a consecuente avaliación dos riscos sanitarios e ambientais que fixo a empresa e ratificou a Xunta. ADEGA xa denunciara que outra das mentiras do proxecto mineiro de Corcoesto era a caracterización dos refugallos mineiros. Edgewater e a Xunta considéraos "non inertes, non perigosos" malia a conter altas cantidades de arsénico e cianuro. ADEGA esixe á Xunta a anulación da DIA (Declaración de Impacto Ambiental) de Corcoesto e a redacción dunha nova DIA que contemple os datos e o risco real de contaminación por arsénico sinalados pola USC. En caso contrario, advertimos á Xunta que acudiremos aos tribunais e pediremos a anulación da fraudulenta DIA e de calquera proxecto que aprobe a Xunta en base a ela.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O TSXG dá a razón a ADEGA e anula o plano sectorial de Barreiros, aforrando 14M€ de cartos públicos PDF Imprimir Correo-e
Envia O TSXG dá a razón a ADEGA e anula o plano sectorial de Barreiros, aforrando 14M€ de cartos públicos a FaceBookEnvia O TSXG dá a razón a ADEGA e anula o plano sectorial de Barreiros, aforrando 14M€ de cartos públicos a Twitter

ROLDApsbarreirosCompostela, 26 de xuño de 2013. A Sala 2ª do Contencioso administrativo do TSXG vén de estimar o recurso de ADEGA contra o acordo do Consello da Xunta (26/5/2011) que aprobou un Plano Sectorial de incidencia supramunicipal, coa intención de legalizar as falcatruadas urbanísticas en Barreiros, para o que ían gastar 14 millóns de € de cartos públicos. Queda así anulado o instrumento deseñado por Hernández e Cía. para aplicar o "urbanismo real" a Barreiros en troques do "urbanismo legal" que lle esixían as leis e ADEGA. O tribunal sinala tamén no seu fallo que a Xunta incorríu nunha “desviación de poder” ao facer uso deste instrumento, un proxecto sectorial, para "pontear" Lei do Solo. ADEGA pide demisións inmediatas e consecuencias penais para os responsábeis de -presuntamente- incumprir as leis para tentar desviar cartos públicos aos petos dos construtores. Texto da pdfSENTENZA BARREIROS

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Este San Xoán, celebra o Lume Novo sen queimar o ambiente! PDF Imprimir Correo-e
Envia Este San Xoán, celebra o Lume Novo sen queimar o ambiente! a FaceBookEnvia Este San Xoán, celebra o Lume Novo sen queimar o ambiente! a Twitter
21 de xuño de 2013. Coa chegada do solsticio de verán (e agardemos que tamén o bo tempo) toda Galiza disponse a celebrar a antiga festa do Lume Novo, da purificación e a fertilidade, cristianizada como o San Xoán. Milleiros de cacharelas arderán por todo o país, nunha festa de lume, música, sardiñas, queimada... E por suposto, milleiros de toneladas de lixo. Dende ADEGA facemos un chamado para que estas festas de San Xoán sexan máis ecolóxicas, a evitarmos o risco de lumes e outras desfeitas en espazos de alto valor natural, e a que praias e carballeiras non rematen estradas de todo tipo de refugallos. Este Lume Novo, non queimes o teu ambiente!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA esixe a retirada do Plano Sectorial de Actividades Extractivas por promover a megaminaría contaminante PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA esixe a retirada do Plano Sectorial de Actividades Extractivas por promover a megaminaría contaminante a FaceBookEnvia ADEGA esixe a retirada do Plano Sectorial de Actividades Extractivas por promover a megaminaría contaminante a Twitter

alt18 de xuño de 2013. O Plano Sectorial de Actividades Extractivas (ou Plano da Minaría) vai permitir á Xunta autorizar novas explotacións e ampliar existentes en terreos até agora vedados, xusto o que demanda o lobby mineiro ao ditado das transnacionais colonialistas. De querer garantir un "aproveitamento racional" dos recursos mineiros que non comprometa o equilibrio dos ecosistemas e non altere o medio físico e humano, o PSAEG debería comezar por establecer zonas de exclusión e prohibir prácticas mineiras nocivas. Porén, o Plano da Minaría de Feijóo considera a totalidade do territorio galego como explotábel e non establece límites para o uso de técnicas agresivas como a cianuración ou o "fracking". Para o PP, os habitantes dos territorios afectados polas minas non pasan de simples indíxenas aos que enganar co brillo dos postos de traballo en precario. ADEGA esixe a retirada deste PSAEG, a paralisación inmediata de todos os permisos mineiros en tramitación e a constitución urxente do Consello da Minaría. Sr. Feijóo: Galiza só é unha mina para os corruptos!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Crónica do I Curso de verán da UDC sobre deseño e xestión de proxectos locais de conservación PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do I Curso de verán da UDC sobre deseño e xestión de proxectos locais de conservación a FaceBookEnvia Crónica do I Curso de verán da UDC sobre deseño e xestión de proxectos locais de conservación a Twitter

8 de xullo de 2013. Os días 2, 3, 4 e 5 de xullo ADEGA organizou, dentro da programación de verán da UDC, a primeira edición do curso de verán sobre o deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local. Tras adicar as dúas primeiras sesións a achegarnos á problemática ambiental do país e coñecer as figuras de protección, lexislación e ferramentas para desenvolver un proxecto de conservación, esta pasado xoves 4 puidemos coñecer in situ como se desenvolven algunhas iniciativas de conservación e aproveitamento sustentábel máis singulares do país. O concello de Carnota concentra tres delas: Mardelira e o seu proxecto de reserva mariña (Lira); a coop. Rainha Lupa de agricultura ecolóxica en Quilmas e a asociación Monte Pindo Parque Natural (O Pindo). A última xornada adicouse a coñecer diversos proxectos de custodia do territorio, unha fórmula que permite manter os usos compatíbels dun territorio e os seus valores naturais, sendo a mesma poboación residente quen terma da súa conservación. Dende ADEGA queremos agradecer a extraordinaria acollida deste curso e o entusiasmo do alunado participante. Ligazón ao Álbum Web da saída de campo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
IX Encontro do voluntariado do Proxecto Ríos: Comunidades de mamíferos de ribeira PDF Imprimir Correo-e
Envia IX Encontro do voluntariado do Proxecto Ríos: Comunidades de mamíferos de ribeira a FaceBookEnvia IX Encontro do voluntariado do Proxecto Ríos: Comunidades de mamíferos de ribeira a Twitter

Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado de Proxecto Ríos. Será o día 15 de xuño de 2013 e o evento se celebrará no Concello de Rábade, no Centro de Interpretación Casa das Ínsuas. Alén das presentacións dos grupos de voluntariado, realizaremos unha mesa redonda marco cuxa temática será: Comunidades de mamíferos de ribeira. Se non sabes como chegar, pica nesta ligazón

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA