Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
O mexillón anano neozelandés, nova ameaza para o ecosistema e a economía das rías PDF Imprimir Correo-e
Envia O mexillón anano neozelandés, nova ameaza para o ecosistema e a economía das rías a FaceBookEnvia O mexillón anano neozelandés, nova ameaza para o ecosistema e a economía das rías a Twitter

26 de febreiro de 2013. O Limnoperna securis (mexillón pigmeo negro) orixinario de Nova Zelandia, está xa nas rías galegas. Rexistrado por primeira vez na ría de Vigo en 2005, en poucos anos saltou á de Pontevedra e a súa presenza na de Arousa só é cuestión de tempo. O seu impacto sobre o ecosistema das rías e o sector mexilloeiro pode ser importante, xa que é máis adaptábel (salinidade, temperatura), coloniza máis ambientes e compite polos recursos co mexilón autóctono. Non é a única especie exótica e invasora mariña que chegou a Galiza nos últimos anos, favorecida pola globalización do comercio mundial, o cambio climático e o escaso control das administracións: Algas, moluscos e mesmo peixes tropicais están xa presentes nas nosas augas. Á perda de biodiversidade que provocan únese a ameaza que sobre o sector marisqueiro e a economía das rías poden ter organismos como mexilón pigmeo. Investir na conservación das nosas rías é hoxe máis importante que nunca!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A maioría das vilas e cidades galegas superan os níveis de partículas en suspensión recomendados pola OMS PDF Imprimir Correo-e
Envia A maioría das vilas e cidades galegas superan os níveis de partículas en suspensión recomendados pola OMS a FaceBookEnvia A maioría das vilas e cidades galegas superan os níveis de partículas en suspensión recomendados pola OMS a Twitter
particulasdec1222 de febreiro de 2012. Ao fío dun recente informe da OMS sobre o impacto da polución atmosférica na saúde que conclúe pedindo a UE que endureza a lexislación e estableza valores máis estritos para os contaminantes atmosféricos, ADEGA ven de analisar os resultados da contaminación por partículas nas vilas e cidades galegas durante o pasado ano. Os resultados amosan que as vilas galegas, malia a estaren dentro dos límites legais en canto a emisión de partículas (con algunhas excepcións), superan ampla e maioritariamente os valores recomendados pola OMS para a protección da saúde. A que esperan pois as administracións para ir tomando medidas? pdfAvance informe PARTÍCULAS 2012 (Ramón Varela Díaz)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Motos e quads arrasan coa única poboación continental dunha planta en perigo de extinción no LIC de Corrubedo PDF Imprimir Correo-e
Envia Motos e quads arrasan coa única poboación continental dunha planta en perigo de extinción no LIC de Corrubedo a FaceBookEnvia Motos e quads arrasan coa única poboación continental dunha planta en perigo de extinción no LIC de Corrubedo a Twitter

linariacouso19 de febreiro de 2012. En 2011 descubriuse para a ciencia a única poboación continental peninsular de Linaria arenaria, unha pequena planta dunar coñecida como "paxariños". Foi en Aguiño (Ribeira), perto da punta de Couso, onde por certo se ubica un polígono industrial e está previsto construir a nova depuradora de Ribeira. Até o de agora, as únicas poboacións desta especie en Galiza atopábanse nas illas (Arousa, Ons e Sálvora). Malia ao singular desta poboación continental, a que a especie está catalogada como "en perigo de extinción" e a que a zona na que apareceu pertence á Rede Natura 2000 (LIC Complexo Húmido de Corrubedo), toda á área dunar teoricamente protexida é utilizada como circuito improvisado de motos e quads. Estas actividades están eliminando a morfoloxía dunar (hábitat prioritario) e arrasando coa vexetación (especies ameazadas e en perigo de extinción) perante a pasividade da Xunta.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Escandaloso favoritismo da Xunta con Villar-Mir (Bárcenas mediante?) para seguir secuestrando o Xallas PDF Imprimir Correo-e
Envia Escandaloso favoritismo da Xunta con Villar-Mir (Bárcenas mediante?) para seguir secuestrando o Xallas a FaceBookEnvia Escandaloso favoritismo da Xunta con Villar-Mir (Bárcenas mediante?) para seguir secuestrando o Xallas a Twitter

14 de febreiro de 2013. Hernández vén de publicitar os 680 postos de traballo que supostamente criará o repotenciamento de tres centrais hidroeléctricas no Xallas. Á marxe da particular aritmética que usan certos políticos para contabilizar empregados (e desempregados), dende ADEGA preguntámonos a que vén agora facer públicas unhas resolucións publicadas hai case 1 ano, en abril de 2012, e polas que a Xunta autorizaba a Villar Mir instalar 3 novas turbinas no río, aumentando nun 200% o caudal chuchado ao Xallas. Estes proxectos, tramitados dende a era Fraga (2002) caducaron en 2009, e a Xunta xa con Feijóo, en troques de declarar a súa caducidade, amplioulles o prazo para executar as obras. Resulta curioso que o tardío anuncio de Hernández coincida coas revelación dos "papeis" do ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas nos que se recollen pagos das empresas de Villar-Mir ao PP por valor de 530.000€. Sr. Hernández, excusatio non petita...

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
As nosas rías son unha cañeira pola irresponsabilidade e o desleixo das administracións PDF Imprimir Correo-e
Envia As nosas rías son unha cañeira pola irresponsabilidade e o desleixo das administracións a FaceBookEnvia As nosas rías son unha cañeira pola irresponsabilidade e o desleixo das administracións a Twitter

rajoylixo12 de febreiro de 2013. Coincidindo coa visita dunha delegación do Parlamento Europeo á Galiza para examinar in situ as denuncias por contaminación das rías, ADEGA quere lanzar unha mensaxe de alarma pero tamén de responsabilidade á sociedade galega sobre o estado das nosas rías. De alarma porque estes privilexiados ecosistemas mariños están seriamente amezados pola irresponsabilidade e a cobiza de quenes só ven neles unha fonte ilimitada de recursos para explotar ou unha cañeira na que deitar todo tipo de refugallos, sen reparar nas consecuencias. Sobrepesca, verteduras urbanas e industriais, mareas negras, acidificación polo exceso de emisións de CO2... Na Galiza, cun dos mares máis fecundos do planeta, seguimos ao cabo en protección das nosas rías, polo que dende ADEGA esiximos a elaboración urxente dun Plano Estratéxico contra a contaminación mariña e a declaración das rías galegas como Reservas da Biosfera.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Máis de 21.000 sinaturas contra a incineración entran no Parlamento: Agora tócalles aos políticos estar á altura PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis de 21.000 sinaturas contra a incineración entran no Parlamento: Agora tócalles aos políticos estar á altura a FaceBookEnvia Máis de 21.000 sinaturas contra a incineración entran no Parlamento: Agora tócalles aos políticos estar á altura a Twitter
EntregaILP20124 de febreiro de 2013. Neste día, membros da comisión promotora da ILP "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA" fixemos entrega no Parlamento de máis de 20.000 sinaturas en apoio desta iniciativa. Trátase de darlle forza xurídica á xerarquía dos "3R" consagrada pola normativa actual, para que sexa realmente de obrigado cumprimento. É nesa liña que esta ILP establece unha serie de medidas para a aplicación efectiva destes principios, excluindo a incineración como opción principal para o tratamento dos residuos. Xunto ao que estamos a descobrir estes días do proceder de determinados partidos e institucións, resulta sintomático que sexa a cidadanía a que leve ao Parlamento unha lei para que a Xunta cumpra a lexislación sobre residuos e antepoña, como establecen as leis, a redución, a reciclaxe e a compostaxe á incineración/vertedura que fai SOGAMA. Dende a Comisión Promomotora desta ILP, queremos dar as grazas a todas as persoas e colectivos que participaron no proceso polo seu compromiso co ambiente e a legalidade. Baixa o texto íntegro da pdfILP RESIDUOS 2012
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA