Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Denuncia en Europa contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncia en Europa contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA a FaceBookEnvia Denuncia en Europa contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA a Twitter

cromo224 de maio de 2013. Colectivos ecoloxistas e sociais integrados na Plataforma Galega contra a Incineración e pola reciclaxe, vimos de presentar, apoiados pola parlamentaria Ana Miranda do grupo Verdes-ALE, unha denuncia contra a Xunta diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo pola nefasta política de resduos que practica en Galiza, incumprindo sistemáticamente 3 Directivas europeas (de Vertido, de Envases e Marco de residuos). Logo de que o PP rexeitara admitir a trámite a ILP da reciclaxe, pechando a porta a modificar o Plano de Residuos para abandonar a incineración de SOGAMA, e renunciara ao cumprir dos requerimentos da lexislación europea, as organizacións comprometidas coa reciclaxe e promotoras da ILP non temos máis remedio que acudir a Europa para que sancione á Xunta e a obrigue a modificar a súa política de residuos. Nin un euro de cartos públicos para a incineración!! pdfDenuncia RESIDUOS EUROPA; pdfAnexo II EFICIENCIA;  pdfAnexo III CONSUMO GASOIL

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Día Mundial da Biodiversidade: ADEGA criando e coidando da biodiversidade; a Xunta... PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial da Biodiversidade: ADEGA criando e coidando da biodiversidade; a Xunta... a FaceBookEnvia Día Mundial da Biodiversidade: ADEGA criando e coidando da biodiversidade; a Xunta... a Twitter
VoitreXistralEste 22 de maio é o Día Mundial da Biodiversidade, un acordo da ONU para comemorar a sinatura en 1992 da Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Este ano, o lema é "Auga e Biodiversidade", para resaltar o papel da biodiversidade e os ecosistemas en garantir a seguridade da auga e o desenvolvemento sustentábel. En Galiza, moitos dos nosos máis valiosos ecosistemas húmidos, dende as serras interiores até a costa, están en perigo xunto coa enorme biodiversidade que acubillan. Son as políticas públicas sectoriais (enerxética, mineira, de infraestruturas...) e a nefasta xestión dos espazos naturais, a principal ameaza aos servizos ecosistémicos que prestan á sociedade: Auga limpa, autodepuración, xeración de biomasa, amortecemento dos impactos do cambio climático... Sen ecosistemas sans e biodiversos, non será posíbel termos auga limpa e alimentos para todos/as. Mentres, ADEGA segue a traballar a prol da biodiversidade: Construindo outra charca, eliminando flora exótica dos nosos ríos ou celebrando a diversidade con música, curtas e roteiros.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Organizacións ecoloxistas e plataformas veciñais reclamamos ao Parlamento Europeo a prohibición efectiva da megaminaría contaminante PDF Imprimir Correo-e
Envia Organizacións ecoloxistas e plataformas veciñais reclamamos ao Parlamento Europeo a prohibición efectiva da megaminaría contaminante a FaceBookEnvia Organizacións ecoloxistas e plataformas veciñais reclamamos ao Parlamento Europeo a prohibición efectiva da megaminaría contaminante a Twitter

Cromo Delmi116 de maio de 2013. Unha representación dos movementos sociais galegos, plataformas veciñais, concellos e organizacións ecoloxistas vimos de asistir a unha audición no Parlamento Europeo, organizada polo grupo Verdes-ALE, para debater sobre a megaminaría contaminante. Os proxectos mineiros de Corcoesto, A Limia, Cartelle-Ramirás e Castrelo son só algúns das ducias de ameazas que nestes intres pairan sobre a nosa terra debido á cobiza dalgunhas empresas e á conivencia e a corrupción dalgunhas administracións. Dende ADEGA esixímoslle ao Parlamento Europeo que faga os seus deberes e lexisle (abonda xa de resolucións) para prohibir determinadas prácticas mineiras que como o uso do cianuro ou o "fracking" poñen en perigo a terra e a vida especulando indecentemente coa saúde da cidadanía.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O PP tumba a ILP a prol dos 3R e aposta pola incineración dos residuos PDF Imprimir Correo-e
Envia O PP tumba a ILP a prol dos 3R e aposta pola incineración dos residuos a FaceBookEnvia O PP tumba a ILP a prol dos 3R e aposta pola incineración dos residuos a Twitter
ilp no parlamento.reduc14 de maio de 2013. A Comisión Promotora da ILP e todas as entidades que con ela teñen colaborado ao longo do proceso de redacción e difusión do texto e recollida de sinaturas, desexamos manifestar o seguinte: 1º Lamentamos fondamente a decisión do Partido Popular de rexeitar considerar as bondades do texto que se formulaba e as solucións que sen dúbida achegaría ao problema que supón na nosa terra a situación actual do tratamento dos residuos que tod@s @s galeg@s xeramos día a día. E lamentamos tamén as razóns esgrimidas para facelo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plano Sectorial de Actividades Extractivas: A coartada da Xunta para autorizar minas en calquera lugar do país PDF Imprimir Correo-e
Envia Plano Sectorial de Actividades Extractivas: A coartada da Xunta para autorizar minas en calquera lugar do país a FaceBookEnvia Plano Sectorial de Actividades Extractivas: A coartada da Xunta para autorizar minas en calquera lugar do país a Twitter

ExtractoPSAEG

8 de maio de 2013. A Xunta vén de presentar o Plano Sectorial de Actividades Extractivas (PSAEG), documento polo cal ningún solo, por moita protección que teña, estará libre de minas. É o derradeiro cravo co que o PP remacha o anuncio de "Galiza é unha mina", e que permitirá á patronal mineira asaltar novos territorios até agora vedados: Espazos naturais, paisaxes protexidas, xacementos e monumentos históricos... Na redacción do documento, dirixido pola Cámara Mineira, participou unha importante consultora, EPTISA, que preside o ex-banqueiro Ángel Corcóstegui e de cuxo consello asesor fixo parte até decembro de 2011 Luis De Guindos. Outro dato curioso é que no documento, a respeito da minaría do ouro, afírmase que Corcoesto xa foi declarado proxecto industrial estratéxico (pp. 52 e 79), o que non se producíu (aínda). Está claro que intereses moven o plan mineiro da Xunta...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA convoca a III edición dos concursos de fotografías, relatos e curtametraxes polo territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA convoca a III edición dos concursos de fotografías, relatos e curtametraxes polo territorio a FaceBookEnvia ADEGA convoca a III edición dos concursos de fotografías, relatos e curtametraxes polo territorio a Twitter

Lugo, 30 de abril de 2013. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO", cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril de 2011 en Santiago de Compostela, e debido ao éxito das anteriores edicións, con medio centenar de relatos e outras tantas fotografías, así como unha ducia de curtametraxes. ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías, de relatos e de curtametraxes, co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Os tres concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Bases FOTOS, Bases CURTAS; Bases RELATOS

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA