![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Aviso a navegantes: Asinar informes contrarios ás leis ambientais para favorecer un proxecto, pode levar á cadea |
![]() |
![]() |
![]() |
Esta iniciativa da Fiscalía abre de novo a vía penal, logo de ter imputado por prevaricación a J.M. Álvarez-Campana, daquela Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. É a continuación dun longo proceso xudicial iniciado trala denuncia de ADEGA contra as actuacións da Xunta e ACUINOR no caso da piscifatoría de Rinlo (LIC As Catedrais). Até hoxe, os tribunais viñeron dando sistemáticamente a razón a ADEGA: primeiro, absolvendo aos nosos activistas dunha denuncia penal por coaccións tras paralizar as obras ilegais da piscifatoría; a continuación, acordando unha decisiva -pois do contrario quedaría desvirtuada a anulación do DIA- paralización cautelar das obras; logo, desestimando a demanda civil interposta por ACUINOR reclamando a ADEGA unha indemnización de 30.000 € e, finalmente, anulando a DIA e as licenzas de obra e actividade do proxecto, así como o proxecto sectorial.
O caso da piscifatoría de Rinlo exemplifica o desprezo pola legalidade, polo noso patrimonio natural e pola cidadanía que practican algunhas empresas coa colaboración necesaria das administracións: Declaracións ambientais á medida e fraudulentas; licenzas ilegais; sospeitas de corrupción por manexo de información privilexiada, deixación de funcións administrativas, modificacións lexislativas á medida e tramitacións “exprés”; inxustiza social e desprezo pola cidadanía ao permitir a algúns amigos facer o que non podemos o resto dos cidadáns...
Por iso, este xuízo a un dos "técnicos" da administración que asinan informes ambientais a medida, e que segundo a Fiscalía "antepuxo os criterios comerciais aos ambientais" e permitiu que se causara "un perxuízo irreversíbel á integridade do lugar", pode sentar precedente e mandar unha mensaxe moi clara aos cargos técnicos da administración: Ceder ás presións dos políticos ou empresarios, pode saír moi caro. Por riba están os intereses da cidadanía á que se deben e a salvagarda das leis, incluidas por suposto as ambientais. |