DIA de Corcoesto: A Xunta asume as teses da empresa sen cuestionar os graves riscos e eivas do proxecto Imprimir
Envia DIA de Corcoesto: A Xunta asume as teses da empresa sen cuestionar os graves riscos e eivas do proxecto a FaceBookEnvia DIA de Corcoesto: A Xunta asume as teses da empresa sen cuestionar os graves riscos e eivas do proxecto a Twitter

proxCorcoesto17 de decembro de 2012. A D. X. de Calidade e Avaliación Ambiental publicou a declaración ambiental (DIA) da mina de Corcoesto, un documento que pasará aos anais dos despropósitos ambientais (un máis) cometidos pola Xunta. Alén de que máis da metade desta DIA é un "corta-apega" literal do proxecto entregado por Edgewater, co que a Xunta asume como propios os argumentos da empresa (corta a ceo aberto, uso de cianuro, categorización errada dos refugallos, falla dun plano de emerxencia, riscos sísmicos non avaliados...), tampouco se preocupa de verificar o denunciado por ADEGA e outros colectivos a respeito da posíbel contaminación con arsénico do LIC do Anllóns. Precisamente un recente estudo do CSIC e a U. de Vigo (Costas et al. 2011) revelado pola SGHN pon de manifesto os altísimos níveis de As na bacía do Anllóns, relacionados cos antigos labores mineiros. Se unhas galerías antigas e cativas son quen de deitar 850 kg de As cada ano ao esteiro do Anllóns (Rede Natura 2000), que fará unha enorme mina a ceo aberto de máis de 1 millón de m2?

Na súa Declaración de Impacto a Xunta NON CUESTIONA en absoluto nen o método de explotación (corta a ceo aberto fronte a minaría soterrada, moito menos impactante); nen o de extracción do ouro (cianuración fronte a tiourea, bromo-bromuro e outros métodos menos perigosos), obviando a Resolución do Parlamento Europeo de 5 de maio de 2010 sobre a prohibición do uso das tecnoloxías mineras a base de cianuro na UE; nen obriga a empresa a constituir unha garantía financeira fronte a posíbeis accidentes (Decreto autonómico 455/1996, de 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental); nen discute a catalogación dos refugallos mineiros (non perigosos para a empresa) cando deberían ser "perigosos" ao conter altos níveis de As; nen obriga a Edwater a redactar un Plano de Emerxencia Exterior fronte aos riscos de verteduras tóxicas accidentais para a saúde e o ambiente. Á Xunta tampouco lle preocupa que haxa riscos símicos por fallas activas non suficentemente avaliados que xustificarían a adopción de medidas sismorresistentes nas balsas tóxicas.

Resulta particulamente grave o feito de que a Xunta obvie por completo a publicación dun recente estudo, elborado por investigadores do CSIC (IIM e a Univ. de Vigo) e divulgado pola SGHN, no que se sinala a presenza de altos níveis de arsénico na bacía do Anllóns, debidos precisamente aos antigos labores mineiros de ouro en rochas con altos contidos de arsenopirita. Precisamente é nas rochas con maior proporción deste mineral nas que se atopan as máis altas cantidades de ouro. Onde van ir os centos de toneladas de arsénico que se van liberar ao medio no proceso industrial de extracción e procesado do ouro? Por iso, en atención aos condicionados da DIA a respeito de que "cando se poña de manifesto calquera oitro impacto non considerado poderanse ditar condicións adicionais" e en aplicación do Principio de Precaución, esiximos a anulación da presenrte DIA e que se redacte unha declaración ambiental negativa.

Se a Xunta persiste en declarar "compatíbel" coa protección dos valores naturais e da saúde a ubicación dunha "bomba ambiental" similar á de Aznalcóllar a 140m dun espazo natural protexido, sen sequera esixir á empresa que resposte ás graves eivas detectadas no seu proxecto e postas de manifesto por ADEGA e outros colectivos nas nosas alegacións, estaría sendo cómplice dun dos maiores episodios de contaminación ambiental por actividades mineiras en Europa.

Desta volta, Sr. Hernández, non cabe facer outra "corrección de erros" coma a da DIA do encoro do Umia. Logo de envelenado o río Anllóns e a ría de Ponteceso, os danos son imposíbeis de revertir: Onde dí Corcoesto deberá dicir "Aznalcóllar", e onde di río Anllóns deberá dicir "río Morto".

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com