Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta Imprimir
Envia Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta a FaceBookEnvia Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta a Twitter

bidonsmarpol13 de outubro de 2012. ADEGA vén de subscribir unha denuncia diante da Fiscalía Ambiental do TSXG pola presunta situación ilegal de varias instalacións de tratamento de aceites usados, incluidos residuos MARPOL, pertencentes á empresa Ingaroil SL no polígono das Somozas. Ao parecer dende 2002 están en funcionamento 3 depósitos para o almacenamento de aceites, e unha balsa de vertido, sen as preceitivas autorizacións de Industria. Asemade, estarianse emitindo directamente á atmosfera gases tóxicos procedentes de evaporadores non declarados. Dáse a circunstancia que Ingaroil SL "herdou" unha AAI (Autorización Ambiental Integrada) de Portvigo SL sen que a Xunta verificara tanto validez da AAI da empresa cedente como a súa aplicabilidade á nova. Outro exemplo da política do "ti vai facendo" con efectos non só no ambiente e na saúde, senón tamén no erario público pola merma de tributos e taxas.

O grupo Ingaroil SL é titular dunha planta de tratamiento e valorización de residuos no concello das Somozas (A Coruña) e ostenta unha Autorización Ambiental Integrada (AAI) da que non era orixinariamente titular, senón que foille "transmitida" da empresa Portvigo SL en abril de 2010. Porén, esta transmisión non foi sometida a exposición pública, nen publicada no DOG, e non consta que Industria ou Calidade e Avaliación Ambiental verificaran se as instalacións da empresa receptora cumprían coas características e condicións declaradas na AAI orixinal.

Deste xeito, tres depósitos para o almacenamiento de aceites usados e residuos Marpol tipo C (refugallos de sentinas, depuradoras de combustíbel e aceite de motores) ubicados nas instalacións de Ingaroil SL nas Somozas carecen de autorización e control por parte de la Xunta. Asemade, neste centro existe outra balsa separadora que non figura no proxecto, nin na relación de equipas recollidas na AAI, polo que tamén está en situación ilegal.

As condicións da AAI (herdada) obrigan tamén á empresa a desenvolver un programa de control de emisións, mais Ingaroil só declara emisións á atmosfera porcedentes de dous evaporadores cando nas súas instalacións existe un terceiro (denominado "liña 500") evaporando directamente á atmosfera sen pasar polo condensador. Adicionalmente, existe tamén na zona de descarga de camións outro evaporador sen o preceitivo condensador (que curiosamente tampouco figura na AAI) e portanto emitindo directamente ao ar.

Fronte a este cúmulo de irregularidades e ilegalidades, a Xunta decidíu mirar para outro lado. E non só iso: En marzo deste ano Portos de Galiza adxudicou a Ingaroil SL un contrato negociado sen publicidade de 366.000€ para a recepción e recolla de refugallos MARPOL e portuarios. En resumo: Faise a vista gorda e permítense instalacións ilegais e contaminantes que ao non existir oficialmente, tampouco pagan tributos nen taxas e aínda como agasallo, reciben contratos públicos. A austeridade de Feijóo por riba de todo!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com