Novos ADEGA-cadernos nº 20 e 21: análise dos biocombustíbeis e da biomasa forestal en Galiza Imprimir
Envia Novos ADEGA-cadernos nº 20 e 21: análise dos biocombustíbeis e da biomasa forestal en Galiza a FaceBookEnvia Novos ADEGA-cadernos nº 20 e 21: análise dos biocombustíbeis e da biomasa forestal en Galiza a Twitter

23 de maio de 2012. Biomasa é toda materia orgánica incluindo produtos, subprodutos e residuos de diferentes procesos. Contén unha enerxía que se pode extraer e aproveitar, mais é obvio que a biomasa xoga un papel fundamental no equilibrio dos ecosistemas e tamén como recurso para satisfacer outras necesidades humanas. Por iso, a incipiente implantación de cultivos enerxéticos compite con aspectos básicos de funcionamento dos ecosistemas e coas necesidades básicas dunha maioría da humanidade. Nas últimas décadas, a biomasa recibiu unha especial atención ao fornecer combustíbeis para o transporte similares aos derivados do petróleo. É o esgotamento deste o que mellor explica certas decisións: as transnacionais do petróleo e da biotecnoloxía interesáronse na bioenerxía promovendo extensas plantacións e numerosas instalacións de procesamento. Caderno Biomasa pdfVolume I(2.66 MB) e pdfVolume II(2..63 MB)

Neste contexto global, Galiza está a ser escenario de investigacións básicas e aplicadas no desenvolvemento de agrocombustíbeis, para alén de presentar unha elevada produtividade agroforestal e contar xa con plantas de transformación de biomasa procedente de terceiros países. De aí o interese de ADEGA en tratar esta temática de clara actualidade e importantes consecuencias para o noso futuro e o de toda a humanidade, a través da súa publicación científico-técnica.

Os números 20 e 21 dos ADEGA-Cadernos reúnen unha manchea de artigos e colaboracións sobre a biomasa procedentes do eido da ciencia e a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a conservación dos ecosistemas ou as comunidades rurais e agrícolas, baixo o título “Biocombustíbeis e biomasa forestal”, volumes I e II.

Máis de 20 autores participaron na elaboración destas publicacións que, ademais, contaron coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e co apoio da Área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com