ASPAPEL e Xunta planexan fumigar sobre espazos protexidos, ríos e vilas. Mapas das localizacións Imprimir
Envia ASPAPEL e Xunta planexan fumigar sobre espazos protexidos, ríos e vilas. Mapas das localizacións a FaceBookEnvia ASPAPEL e Xunta planexan fumigar sobre espazos protexidos, ríos e vilas. Mapas das localizacións a Twitter

Fumigacions-Pontevedra4 de maio de 2012. ADEGA vén de coñecer as zonas propostas por ASPAPEL para desenvolver as fumigacións dos eucaliptais co tóxico Flufenoxuron nas provincias da Coruña (40 localizacións), Pontevedra (28 sitios) e Lugo (1 área).  Na documentación cartográfica, elaborada pola empresa Fitoaragón S.L., indícanse 69 áreas de 8 km de diámetro cada unha, denominadas "zonas de tratamento químico". Nelas localízanse as masas de eucaliptos máis densas e con maior afectación do gorgullo, mais tamén inclúen lugares habitados, cursos fluviais e mesmo espazos da Rede Natura 2000. Dada a toxicidade do principio activo e a enorme dispersión dos métodos aéreos, persoas, animais e mesmo biodiversidade ameazada estarán expostas ao veleno. ADEGA advirte á Xunta de que podería estar sendo cómplice, de seguir "avalando" estas prácticas, dun delicto contra a saúde das persoas e o medio ambiente.

Fumigacions-CorunhaUn importante número das áreas nas que están proxectadas as fumigacións inclúen territorio da Rede Natura 2000 no que están presentes, entre outras, especies protexidas de insectos a cuxa conservación obriga a Directiva 92/43 CEE e que tamén se verán afectados polo tóxico. Por exemplo, a bolboreta Euphydryas aurinia e o escarabello Lucanus cervus (vacaloura) están consideradas de interese comunitario e figuran no Anexo II da Directiva de Hábitats.

A maiores, as poboacións do lepidóptero Zerynthia rumina, considerada en perigo de extinción e do coleóptero Cerambyx cerdo (capricornio das aciñeiras, o escarabello máis grande de Galiza), vulnerábel, poderían sufrir os efectos das fumigacións. E alén dos insectos protexidos, tamén as aves insectívoras e os morcegos, entre outros, acusarían os efectos do veleno. FumigaPantinAtendendo á Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade e á Lei 9/2001 de Conservación da Natureza calquera dano a estas especies podería ser constitutivo dunha falta moi grave e mesmo dun delicto penal, coa agravante de ser a propia administración quen o cometería.

Tivo en conta a Xunta a presenza destas especies protexidas, ameazadas e en perigo de extinción nas parcelas fumigadas, incluidas ou próximas a espazos protexidos? Considerou a Xunta os riscos das fumigacións sobre a saúde das persoas e a calidade dos recursos hídricos, dada a presenza nas "zonas de tratamento" de núcleos de poboación e cursos fluviais? Cal é a opinión da D. X. de Conservación da Natureza, da D. X. de Saúde Pública e de Augas de Galiza polo que atinxe ao envelenamento da auga?

A escandalosa submisión ao lobby do eucalipto que amosou a administración galega, corroborada por unha política forestal hiperpermisiva coas pasteiras e os seus intereses (Lei de Montes, Orde dos cultivos enerxéticos), non pode xustificar o envelenamento deliberado das persoas e o medio ambiente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com