SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte Imprimir
Envia SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte a FaceBookEnvia SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte a Twitter
17 de abril de 2012. Diante da inmediata prohibición por parte da UE de pesticidas con flufenoxuron (1 de agosto de 2012) e das fumigacións aéreas (deber de incorporala na lexislación estatal en decembro de 2011, e de adoptar planos de acción denantes de decembro deste ano) a industria química (BASF) e a patronal pasteira (ASPAPEL) están tentando colocar aceleradamente os "stocks" deste veleno (presentación comercial "Cascade"). Unha estratexia que en Galiza pasa pola fumigación masiva con "Cascade" dos eucaliptais galegos contra o gorgullo do eucalipto. Como xa denunciamos ecoloxistas, abelleiros e sindicatos agrarios, este biocida resulta letal para as abellas e tóxico para o ambiente e as persoas. O que resulta lamentábel é que a Xunta esté actuando como axente comercial do lobby químico e pasteiro, "avalando" as fumigacións masivas nos nosos montes co lixo tóxico que dentro de poucos meses BASF só poderá colocar no terceiro mundo. Asina esta petición para salvar as abellas galegas! Denuncia flufenoxuron Fiscalía

logo-fumigacions-NONA fumigación con medios aéreos, en breve prohibida pola UE provocan que unha media do 40% dos produtos dispersados non acaden a área obxectivo e que os seus velenos fiquen espallados en quilómetros arredor do punto de fumigación. Deste xeito, o agrotóxico pode chegar a espazos naturais (afectando a especies protexidas), cultivos (derramando a produción ecolóxica) e zonas habitadas, incorporándose nos nosos organismos.

Dase a circunstancia ademais de que a aplicación masiva deste veleno, xenerosamente promovido pola patronal pasteira "sen custo algún para os propietarios dos montes" e avalado pola Xunta, vai coincidir co periodo de máxima floración e actividade das abellas, co que o dano ecolóxico e a perda de colmeas e colleitas será máximo. carta-promafozCuriosamente co pacote do biocida, a Xunta ofrece tamén a posibilidade de aplicar un tratamento biolóxico cunha avispa australiana (Anaphes nitens). Trátase dunha burda estratexia de camuflaxe para disimular o entreguismo de Medio Rural ao lobby do eucalipto: o "Cascade", matará tamén á Anaphes e a todo artrópodo nun radio de quilómetros.

ADEGA esixe á Xunta de Galiza que mire polas abellas galegas e pola saúde ambiental e cidadá e prohiba estas malas prácticas forestais, en troques de seguir facéndole o xogo ás empresas que se lucran inzando o país de eucaliptos e envelenando o ambiente con agrotóxicos prohibidos. As alternativas para combater as pragas forestais pasan por promover o uso dos  métodos biolóxicos e sobre todo por unha política forestal que abandone o eucalipto e fomente a multifuncionaliedade do monte. Animamos a propietarios forestais, comuneiros e concellos a negarse a autorizar as fumigacións nos seus montes e denunciar estas prácticas.

Máis información:

AGA
FRUGA
SLG
Vesperadenada

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com