Adega
INICIO Últimas novas ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas e denuncia a responsabilidade da Xunta na catástrofe
ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas e denuncia a responsabilidade da Xunta na catástrofe PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas e denuncia a responsabilidade da Xunta na catástrofe a FaceBookEnvia ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas e denuncia a responsabilidade da Xunta na catástrofe a Twitter
lumesnuncamais2 de abril de 2012. A reacción cidadá perante a catástrofe ecolóxica do Eume non se fai esperar: este luns 2 ás 20h constituirase en Pontedeume a Plataforma pola Defensa das Fragas do Eume da que ADEGA fará parte. Trataremos de sensibilizar á opinón pública do valor ecolóxico que aínda conservan as Fragas; demandaremos da Xunta medidas para remediar no posible os impactos do lume no ecosistema do Parque e esixiremos unha investigación exaustiva das causas do incendio e as responsabilidades penais e políticas que procedan. ADEGA chama tamén a participar nas diversas concentracións de protesta por esta catástrofe que se están a preparar nas principais vilas e cidades galegas. É unha traxedia para o País, que a cidadanía non pode esquecer nen perdoar!

 

Independentemente das causas do lume nas Fragas, claramente intencionado, ADEGA cre preciso promover unha reflexión que trascenda a coxuntura particular deste incendio. Cómpre analisar as causas de fondo, tanto das políticas de loita contra o lume e de xestión dos nosos montes como das de conservación, e non esquecermos esixir responsabilidades aos que as deseñaron e executaron.

Encol da política forestal, a cidadanía merece que a administración resposte a estas cuestións chave:
-Quen recurtou en 20 millóns de € os orzamentos para prevención e 2 millóns de € para extinción?
-Quen promove unha Lei de Montes que reduce as faixas de protección, o tempo para aproveitar os terreos queimados e permite masas monoespecíficas (eucaliptos, por exemplo) de máis de 50 ha continuas?
-Quen reduciu significativamente  e precarizou os operativos de loita contra o lume, eliminou o Voluntariado do Monte, suspendeu as BIIF (Brigadas de Investigación dos Incendios Forestais), desactivou as UXFOR e abríu a porta á especulación do monte coas SOFOR?

E a respeito das políticas de conservación, cómpre tamén reflexionar sobre a actual situación dos nosos espazos protexidos, abandoados á súa sorte, sen investimentos nen iniciativas (PORN, PRUX) que garantan a conservación do patrimonio natural que atesouran. E non só iso: a Xunta levou a cabo unha estratexia de demolición controlada destes espazos, através das modificacións da Lei do Solo, do POL, do PDA, etc. que rematou finalmente cun Plano Director da Rede Natura para permitir nas zonas de maior valor ambiental, mesmo en Parques Naturais, piscifatorías, incineradoras, caza, rallys, recualificar solo rústico...

Todas estas iniciativas son responsabilidade da actual Xunta e non son alleas á catástrofe que agora sofren as Fragas do Eume. Non é isto tan delictivo como a actuación dos pirómanos que lle puxeron lume?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA