Adega
INICIO Últimas novas A austeridade da Xunta na xestión dos residuos: 10 millóns de euros máis ao lixo
A austeridade da Xunta na xestión dos residuos: 10 millóns de euros máis ao lixo PDF Imprimir Correo-e
Envia A austeridade da Xunta na xestión dos residuos: 10 millóns de euros máis ao lixo a FaceBookEnvia A austeridade da Xunta na xestión dos residuos: 10 millóns de euros máis ao lixo a Twitter
ampliacion-vertedoiroCompostela, 23 de setembro de 2011. O Plano de Residuos de Feijóo amosa novamente a súa verdadeira faciana. Perante a incapacidade de SOGAMA para tratar o lixo que chega ao complexo de Cerceda e a imposibilidade de poñer en marcha a segunda incineradora nesta lexislatura, a solución do PP é sinxela: agrandar o vertedoiro para seguir amoreando lixo. Isto é o que supón a ampliación do vertedoiro da Areosa, aprobada onte polo consello da Xunta e na que vanse gastar 10.308.338 €. É a cara "B" de SOGAMA, un proxecto fracasado que Hernández e Feijóo teiman en defender: desbaldimento de cartos públicos, megawatios para os amigos a cambio de incineradoras e sabotaxe dos sistemas alternativos. Mentres, á marxe desta política irracional e antiecolóxica, a cidadanía aposta cada vez máis pola reciclaxe e compostaxe, dando exemplo de eficiencia e compromiso a unha Xunta cuxa política de residuos fica ancorada na época de "Cuéntame..."

No proxecto de ampliación do vertedoiro aprobado, a Xunta admite unha capacidade anual de depósito de 350.000 Tm, isto é, máis dun terzo do lixo que chega a Cerceda. Se atendemos aos datos do PXRUG que calcula unha perda de masa no proceso do 42% (fundamentalmente vapor de auga procedente do secado lo lixo para o que SOGAMA queima medio millón de megawatios de gas natural ao ano), das 900.000 Tm que chegan anualmente a Cerceda o 72% irá directamente a vertedoiro!

A Xunta asume deste xeito a súa incapacidade para tratar os residuos dos concellos e, contrariamente ao publicitado na súa nota, fai evidente o fracaso do modelo SOGAMA baseado na incineración e sobre todo no vertido (a última opción da xerarquía de tratamento), ao contrario ao establecido nas directivas europeas, na lei estatal e na lei galega de residuos. Ademáis, SOGAMA é unha ruína para os concellos e un engano á cidadanía: págase polo transporte e o tratamento dos residuos enormes custos que hipotecan as economías municipais e a Xunta remata botando case todo ao vertedoiro. Os cidadáns/ás esfórzanse en separar o lixo nos seus fogares e reciclar nos numerosos programas de compostaxe caseira e comunitaria promovidos por ecoloxistas e concellos, e a Xunta remata meténdoo todo xunto e agochando o lixo baixo a alfombra de SOGAMA.

Esta ampliación supón, ademáis dun escandaloso desbaldimento de cartos públicos, seguir agrandando o buraco negro de SOGAMA para engulir máis lixo: é unha fuxida cara adiante para continuar mercadeando cos residuos, enriquecendo ás eléctricas e baleirando as arcas dos concellos.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA