Adega
INICIO Últimas novas Participa con ADEGA no Moving Planet 2011
Participa con ADEGA no Moving Planet 2011 PDF Imprimir Correo-e
Envia Participa con ADEGA no Moving Planet 2011 a FaceBookEnvia Participa con ADEGA no Moving Planet 2011 a Twitter

ADEGA vai participar na iniciativa mundial do MOVING PLANET con dúas actividades en favor das enerxías renovábeis e da redución do consumo de combustibles fósiles. Con tal motivo, este sábado 24 de setembro realizaremos dous percursos reivindicativos: na Ulloa, dende o Castelo de Pambre á Eira da Xoana, e en Ferrolterra, saíndo do peirao de Curuxeiras (Mugardos). Moving Planet é unha manifestación mundial para esixir solucións á crise climática e o abandono dos combustíbeis fóseis. En bicicleta, patíns, dacabalo, a pé...mobilízate con ADEGA para facer parte de algo grande. Durante demasiado tempo, os líderes políticos negaron primeiro e logo retrasaron o compromiso de loitar contra o cambio climático. Eses tempos deben rematar. É hora de reaxir para superar a crise climática na que seguimos inmersos/as malia que a atención dos políticos céntrase só na crise financeira.

DENDE O PASADO ATÉ O PRESENTE EN BICICLETA, A PÉ OU A CABALO. DO CASTELO DE PAMBRE Á EIRA DA XOANA

Esta actividade consiste nun percurso en bicicleta, ou tamén a pé, a cabalo, etc dende o Castelo de Pambre (sec. XIV) atéo centro ecoeducacional “Eira da Xoana”.

PROGRAMA:
11.00 h
=> Encontro diante do Castelo. A seguir visita ó interior do mesmo.
12.00 h =>
Comezo da marcha, pasando pola Ponte Medieval, sobre o río Pambre, Castro de Remonde dende onde se pode ver o Castelo. Descenso ó Batán onde o Ulla e o Pambre se encontran. Atravesaremos a ponte de Ramil, ata San Martiño, para chegar á Eira da Xoana.
14.30 h
=> Xantar de convivio (cadaquén trae o seu) no eirado da Eira da Xoana.
Pola tarde
=> Apaña de mazás para poder facer nós mesmos en novembro sidra. Precisamos, para a conservación das mazás caixas de madeira das que se usan nas froiterías. Se podedes, traede algunghas. Quen queira pode traer tamén mazás, preferíblemente das variedades axeitadas para facer sidra, do tipo “peros campaños”, etc.

Localización do evento: http://www.moving-planet.org/pt/events/es/ramila-ulhoagaliza-spain/1550
Máis info:
http://eiradaxoana.blogaliza.org/; Marcial Barral, ADEGA-Alto Ula (616627318); ADEGA-Lugo (982240299)
Importante: As persoas participantes na marcha, deberán traer roupa e calzado axeitados para ir en bici, camiñar, etc.
Organiza: ADEGA e "Marcha Irmandiña".
Colabora: Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e Concello de Palas

ROTEIRO CICLISTA POR FERROL

ADEGA-Ferrolterra organiza unha rota ciclista pola cidade como acto asociado ao Moving Planet. A rota partirá ás 12h do peirao de Curuxeiras (onde atraca a lancha de Mugardos).
Saída: Peirao de Curuxeiras
Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Localización do evento: http://www.moving-planet.org/pt/events/es/ferrol/2431
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA