Adega
INICIO Últimas novas Día Mundial do Ambiente: COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA!
Día Mundial do Ambiente: COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA! PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial do Ambiente: COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA! a FaceBookEnvia Día Mundial do Ambiente: COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA! a Twitter
faixa_5-X11
Este 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, a Coordenadora en defensa da ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas, da que fai parte ADEGA e integrada por máis de 40 colectivos entre confrarías, organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc. convocamos unha manifestación en Muros baixo o lema "COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA".

O percurso reivindicativo partirá ás 12h dende o porto de Muros e rematará nos muíños de maré do Pozo do Cachón coa lectura do manifesto e cunha xornada de convivio e lecer. Facemos un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas rías.

ADEGA como organización convocante está a organizar conxuntamente coa Coordenadora e o concello de Muros a intendencia, loxística e seguridade para un exitoso desenvolvemento do acto. Solicitamos a colaboración dos socios/as e simpatizantes para facer desta xornada reivindicativa e lúdica un éxito. Se estades interesados/as en botar unha man, poñédevos en contacto através do mail ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou chamando ao 981570099.

Percorrido (Ligazón GOOGLE MAPS)

Información dos horarios de buses regulares dende Compostela a Muros:

Volta: LIGAZÓN
Se estades dispostos a compartillar veículo, tanto para a ida como para a volta, poñédevos en contacto coa organización.

Recursos:

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA