A feira de produtos artesáns e ecolóxicos na Eira da Xoana consolídase como unha cita ineludíbel dos mercados alternativos Imprimir
Envia A feira de produtos artesáns e ecolóxicos na Eira da Xoana consolídase como unha cita ineludíbel dos mercados alternativos a FaceBookEnvia A feira de produtos artesáns e ecolóxicos na Eira da Xoana consolídase como unha cita ineludíbel dos mercados alternativos a Twitter

IIIfeira201310 de xuño de 2013. A terceira edición da Feira de produtos naturais e ecolóxicos da Eira da Xoana (Ramil, Agolada), servíu de novo para poñer de manifesto o dinamismo do medio rural galego e o compromiso da cidadanía consciente coa Terra e o ambiente. Ducias de produtores/as e artesáns, con produtos nidiamente galegos e ecolóxicos, partillaron as súas ofertas e interesantes saberes cunha nutrida concorrencia chegada dende todo o país. Obradoiros, palestras e demonstracións de oficios tradicionais completaron a xornada que transcorreu nun ambiente festivo e reivindicativo. Dende a organización, queremos agradecer a produtores/as e ao público asistente o seu compromiso coa nosa República Ecolóxica. Vémonos novamente na Feira de Outono. Mira as fotos da xornada neste ÁLBUM de Picasa (cromos: Ramsés Pérez)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com