![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Voluntariado ambiental no río Liñares contra as especies invasoras |
![]() |
![]() |
![]() |
ADEGA e a Asociación para a Defensa do Val do Liñares contan cunha traxectoria notable na loita e defensa do patrimonio fluvial, é por iso que organizan esta iniciativa dando á cidadanía a oportunidade de actuar fronte unha ameaza ambiental mediante iniciativas coma esta de custodia fluvial. A actuación do sábado centrase na eliminación da especie invasora Acacia dealbata (mimosa) nas marxes do río Liñares, un espazo de importante valor ecolóxico. Para esta actividade o voluntariado contará con seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado e dunha pequena introducción a problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo, para os que o voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse no correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou nos seguintes números de tlf: 981 570099 / 616 238050 / 669 806908 Esta actuación realizarase gracias ao financiamento do concello da Estrada. |