A Xesteira limpa o Vea Imprimir
Envia A Xesteira limpa o Vea a FaceBookEnvia A Xesteira limpa o Vea a Twitter

 

fffO domingo 30 de setembro a Asociación A Xesteira de Couso (A Estrada) organizou unha limpeza en colaboración con ADEGA. 14 persoas se deron cita no río Vea participando na actividade membros da Xesteira, de ADEGA e veciños da zona. En 3 horas retiráronse uns 900 kg. aprox. de lixo acumulado en 2 vertedoiros situados a poucos metros dos muíños . Entre o lixo retirado atopáronse numerosos envases de plástico e vidro, escombro de obras, e residuos voluminosos como o eixo dun remolque. A pendente do terreo e a vexetación dificultaron as tarefas de limpeza. A zona ten un alto valor ecolóxico, paisaxístico e etnográfico por atoparse dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza catalogado como LIC (Lugar de importancia comunitaria) e pola existencia de 6 muiños de auga situados ó longo deste tramo. A Asociación A Xesteira, pretende recuperar e poñer en valor estes muiños e o roteiro que antigamente se empregaba para acceder a eles.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com