Adega
INICIO Programas / Proxectos
Programas e Proxectos de Educación Ambiental

A actividade de ADEGA no eido da educación ambiental desenvólvese fundamentalmente a traves dun Programa Xeral de EA que estruturan os procesos, os coñecementos e os obxectivos procurados en conxuntos temáticos que permiten presentar unha oferta flexíbel e axeitada ás características dos/das participantes.

Asimesmo, desenvolve programas específicos sobre distinas temáticas, que conxugan a aprendizaxe co desenvolvemento dunha participación activa da cidadanía na resolución dos problemas ambientais

Contacta connosco para informarte máis polo miúdo



Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais PDF Imprimir Correo-e
Envia Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais a FaceBookEnvia Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais a Twitter
la_caixa.gifO proxecto educativo consiste na construcción e utilización dunha instalación de depuración natural, ubicada na Estación de tratamento de augas residuais da Silvouta como un equipamento de educación ambiental sobre a problemática da contaminación da auga e as alternativas de depuración das augas residuais (dixestor anaerobio + zona húmida versus o sistema de tratamento tradicional da propia EDAR da Silvouta).
Este programa está financiado por La Caixa e conta coa colaboración da UDC e o Concello de Compostela.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Programa Xeral de Educación Ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Programa Xeral de Educación Ambiental a FaceBookEnvia Programa Xeral de Educación Ambiental a Twitter

Programa Xeral de EA dirixido a centros de ensino, asociacións etc... Traballa distintos aspectos da problemática ambiental (auga, transporte, biodiversidade, etc.) dende un punto de vista global e integrador. É unha dinámica aberta, continuada no tempo e que permite traballar con distintos grupos sociais e franxas de idade, adecuando os programas as súas características.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Programa de Compostaxe Caseira PDF Imprimir Correo-e
Envia Programa de Compostaxe Caseira a FaceBookEnvia Programa de Compostaxe Caseira a Twitter

A finalidade deste programa é divulgar a compostaxe caseira como método de tratamento dos residuos orgánicos no propio fogar (na horta, xardín ou no garaxe), subministrando os coñecementos prácticos e o asesoramento individualizado preciso para mellorar esta práctica, consolidándoa como unha alternativa ecolóxica e de futuro. Clica na ligazón para baixar o manual explicativo da COMPOSTAXE CASEIRA

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Proxecto Rios PDF Imprimir Correo-e
Envia Proxecto Rios a FaceBookEnvia Proxecto Rios a Twitter

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 3


ADEGA