XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos Imprimir
Envia XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos a FaceBookEnvia XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos a Twitter
curso.jpgO próximo sábado día 17 de abril terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as XI Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Logo de cumprir 5 anos de andaina, dende o Proxecto Ríos deseñouse un plano estratéxico para enfocar o traballo dos vindeiros anos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto é a renovación dos materiais de inspección, fundamentalmente do Manual de Inspección. Modificamos algúns aspectos da metodoloxía para adaptar os resultados ás necesidades da Directiva Marco da Auga. Queremos aproveitar as xornadas para presentavos estes cambios.
Descarrega o cartaz XI Xornada Formacion abr-2010.pdf XI Xornada de Formación abr-2010 (0,6 MB)

As xornadas serán logo o foro no que o voluntariado do Proxecto Ríos que o desexe faga aportacións e avalie os cambios propoñendo melloras, etc…. Os materiais de inspección están deseñados para vos polo que consideramos moi importantes as vosas suxestións. Por iso, animámosvos a participar neste curso de formación na que revisaremos os cambios na metodoloxía.

A sesión da tarde adicaremola como outros anos ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.

PROGRAMA DAS XI XORNADAS DE FORMACIÓN

11.00 -Chegada e entrega de material
11.30 -Presentacións dos novos materias de inspección, metodoloxía, novos reactivos, etc

12.00 Dinámica participativa para avaliar os materiais

13.00 Saída ao río para avaliar os novos reactivos

14.00 Xantar

15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados

19.00 Clausura do curso

Dado que hai un número limitado de plazas é preciso inscribirse, tanto por teléfono: 981.57.00.99 como através do correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

A inscripción é gratuíta, só tedes que levar a comida.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com