Adega
INICIO Novas de EA Limpeza simultánea de praia no Día Mundial dos Océanos 2012
Limpeza simultánea de praia no Día Mundial dos Océanos 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Limpeza simultánea de praia no Día Mundial dos Océanos 2012 a FaceBookEnvia Limpeza simultánea de praia no Día Mundial dos Océanos 2012 a Twitter
limpeza

Con motivo do día mundial dos océanos que se celebra o venres 8 de xuño, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. O 8 de xuño diferentes grupos de toda Galiza, participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares están chamados a limpar as súas praias e denunciar esta problemática ambiental. Únete e limpa a túa praia!

A maioría dos residuos inorgánicos que producimos e consumimos non teñen unha xestión axeitada. Moitos deles rematan incinerados, en vertedoiros ou o que é peor, nos mares. Unha elevada porcentaxe do lixo que atopamos nas praias provén de zonas do interior, que, sumado a outros vertidos acadan as 7 toneladas de plástico que cada ano rematan nos océanos.

Alén do seu impacto visual os residuos plásticos no mar son un grave perigo para a fauna mariña. Moitos animais acaban enredados en bolsas, sacos, redes, etc., o que habitualmente provoca a súa morte por afixia ou por vulnerabilidade ante as súas presas. A fauna mariña inxire plásticos confundíndoos con alimento o que finalmente provoca tamén a súa morte.

Outro dos problemas máis graves é que o plástico acaba reducíndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que finalmente rematarán nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes prexudiciais e perigosos que conteñen os plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.

A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o noso consumo de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. Porén, para conseguir un cambio nos hábitos de consumo tamén precisamos dun cambio de conciencia.

Facemos unha chamada á poboación para conseguir unha masa crítica que se achegue ás praias o Día dos Océanos, e consiga por unha banda mellorar o estado das nosas costas pero sobre todo conseguir un cambio de conciencia cidadá.

Se estás interesado/a en participar ponte en contacto  con nós

Lucía Parente Romero

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

tlf: 981 57 00 99

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA