O Proxecto Ríos de ADEGA premiado polo xornal de pesca deportiva Trueiro Imprimir
Envia O Proxecto Ríos de ADEGA premiado polo xornal de pesca deportiva Trueiro a FaceBookEnvia O Proxecto Ríos de ADEGA premiado polo xornal de pesca deportiva Trueiro a Twitter
trueiro.jpg3 de decembro de 2010. O xornal de pesca deportiva “Trueiro” ven de entregar os seus premios 2010 para destacar o labor realizado ao longo do ano por persoas e institucións a prol dos ríos do noso país. Nesta III edición o premio “Liña tensa" foi para o Proxecto Ríos de ADEGA "polo seu denodado esforzo en prol da calidade das augas dos cursos continentais e por ese corpo de voluntarios que pon de manifesto a calidade das augas dos nosos ríos". Este premio foi entregado este 3 de decembro nunha cea de confraternización no asador o Pementeiro en Padrón, e foi recollido por Virginia Rodríguez, como coordenadora do Proxecto Ríos e presidenta de ADEGA, en representación dos voluntarios e voluntarias, xa que este é un premio compartillado con eles. Grazas a todos e a todas!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com