Ciclo de conferenzas Conversa-Ríos en Compostela Imprimir
Envia Ciclo de conferenzas Conversa-Ríos en Compostela a FaceBookEnvia Ciclo de conferenzas Conversa-Ríos en Compostela a Twitter
Durante este mes de novembro (días 4, 10, 18 e 24), está tendo lugar o ciclo de conferenzas Conversa-Ríos, na sé de ADEGA-Proxecto Ríos en Compostela. Son charlas que trataran temáticas relacionadas coa conservación e mellora dos ecosistemas fluviais e/ou sobre aspectos relacionados coas actividades a desenvolver dentro das iniciativas do Proxecto Ríos. Estes cursos están destinados fundamentalmente aos grupos de voluntarios/as que participan no Proxecto Ríos aínda que están abertos ao público en xeral. Este xoves tivo lugar a primeira palestra encol da xeoloxía dos ríos a cargo de Xoán Ramón Vidal Romaní, catedrático de Xeoloxía da UDC. Consulta a programación dos vindeiros cursos. Baixa o ciclo conferencias.pdf CARTAZ (253 KB)

PROGRAMACIÓN

Xoves 4. Ríos e xeoloxía. JUAN RAMÓN VIDAL ROMANI. Catedrático de Xeoloxía da UDC.

Mércores 10. Técnicas de Mostraxe. LILIANA GARCIA. Investigadora da UVigo

Xoves 18. Restauración fluvial. ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA DO ENCORO DO CON.

Mercores 24. Fentos e brións. MARTIÑO FIZ. Biólogo de ADEGA

As charlas terán lugar ás 17.30h na sé de ADEGA-Proxecto Ríos (Travesa de Basquiños, 9 baixo, Santiago de Compostela).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com