Próximo inicio do programa de compostaxe caseira e comunitaria no Morrazo |
![]() |
As zonas escollidas para levar adiante o programa de compostaxe caseira son: - En Cangas a zona interior de Nerga. - En Bueu a zona da igrexa de Beluso. - En Moaña a zona do Caeiro. As zonas elixidas para implantar a compostaxe comunitaria son: - As Lagoas en Bueu. - A Choupada en Cangas. - A urbanización detrás do concello en Moaña. ADEGA encargarase do labor de asesoramento á Mancomunidade, concellos e veciñanza, ademais de impartir cursos de educación ambiental para comprender mellor a problemática dos residuos, por que é necesario facer unha boa separación en orixe dos residuos e as vantaxes ambientais, sociais e económicas da reciclaxe e a compostaxe. Trátase ademáis de recuperar unha práctica tradicional de recuperación dos residuos orgánicos máis ecolñóxica e sustentábel, en lugar que estes materiais acaben nun vertedoiro ou incinerados. Contacto: María Rodríguez Lafuente, vogal de residuos de ADEGA. 645902473 / 628378804 |