Continúan as saídas no proxecto de Custodia Fluvial Umia Ulla Lérez Imprimir
Envia Continúan as saídas no proxecto de Custodia Fluvial Umia Ulla Lérez a FaceBookEnvia Continúan as saídas no proxecto de Custodia Fluvial Umia Ulla Lérez a Twitter
O pasado mércores 4 de maio, varios representantes de asociacións acudiron á saída programada no concello da Estrada. Os participantes fixeron unha inspección do río Liñares para que se foran habituando á toma de datos, observación do hábitat e identificación de macroivertebrados. As asociacións que se achegaron á Estrada foron: Asociación pola defensa do Val do Liñares, Asociación A Xesteira , Asociación de mulleres rurais de Barreira (Rio Bo) e Asociación de veciños A Sobreira de Callobre. Do concello de Forcarei achegouse un representante da CMVMC de San Miguel de Presqueiras. Todas elas asinaron o compromiso de facer unha saída no seu río nos vindeiros días da campaña de primavera, algúns de eles incluso farán 3 inspeccións.

Ao día seguinte a saída foi no concello de Valga. Alí uns 30 rapaces e rapazas do CPI Baño Xanza se achegaron ao río Carballiño, pretiño do colexio para facer a inspección, puideron comprobar un bo estado do río coa identificación de macroinvertebrados e coas valoración dos índices físico-químico e hidromorfolóxico.

O sábado 7 tocoulle o turno aos concellos de Caldas, Cuntis e Portas. Combinouse unha saída para o sábado de mañá, á que asistiron integrantes da Fundación Xesús González Aboi e un grupo de particulares. Fixemos un pequeno roteiro pola beira do río Umia, aínda que a inspección foi mais tarde no río Follente. A chuvia non tardou en aparecer, polo que a identificación de macroinvertebrados quedou para este mércores 11 de maio. Puidemos comprobar varios impactos como a presenza dun taller, canalizacións, plantas invasoras, unha escaleira de cemento até a beira do río ou herbicidas nas leiras colindantes. Pese a estes impactos, na rápida mostraxe de macroinvertebrados capturamos un limpafontes común (Triturus boscai) que quizáis estaba a procura dun lugar máis tranquilo.

< Ante
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com