Comezan as saídas do proxecto de custodia fluvial Ulla Umia Lérez Imprimir
Envia Comezan as saídas do proxecto de custodia fluvial Ulla Umia Lérez a FaceBookEnvia Comezan as saídas do proxecto de custodia fluvial Ulla Umia Lérez a Twitter
domingo.jpgEste pasado día 13 de abril comezaron as saídas de inspección de ríos do proxecto de custodia fluvial Ulla Umia Lérez.

O CPI Domingo Fontán do concello de Portas participou na primeira saída. Aproximadamente 30 rapaces e rapazas saíron ao río Chaín (conca do Ulla) para facer unha inspección. Foron acompañados/as por dúas educadoras ambientais de ADEGA, e comprobaron o estado de saúde deste pequeno río medindo a calidade hidromorfolóxica, físico-química e biolóxica.

O domingo 17, realizouse outra saída enmarcada no mesmo proxecto coa asociación cultural O Arrieiro e a comunidade de montes de Amil no concello de Moraña. Unhas 15 persoas acudiron o domingo para facer a inspección do río do Chope, pertencente á conca do Umia.

A finalidade deste proxecto é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas para o seu mmacro.jpgantenemento e mellora. A custodia fluvial pretende fomentar actuacións para poñer en valor os ríos, implicando á sociedade e facéndoa protagonista de proxectos de conservación sendo estas saídas formativas o primeiro paso deste proxecto.
Nos próximos días realizaranse máis saídas formativas coas asociación que o soliciten dentro do grupo de desenvolvemento rural das comarcas de Caldas e Tabeirós-Terra de montes, do que forman parte 10 concellos. As datas destas saídas serán publicadas na axenda desta páxina.


Máis información:

Teléfono: 981 57 00 99

Lucía Parente: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com