Comezan as presentacións do proxecto de Custodia Fluvial Imprimir
Envia Comezan as presentacións do proxecto de Custodia Fluvial a FaceBookEnvia Comezan as presentacións do proxecto de Custodia Fluvial a Twitter
dsc_0001.jpgEste luns 28 de marzo, presentouse o proxecto de custodia fluvial Ulla-Umia-Deza nos concellos de Moraña e Caldas de Reis. No concello de Moraña a presentación realizouse na Casa da Cultura, onde asistiron diferentes representantes das asociacións do lugar e varios particulares. En Caldas de Reis, a presentación foi no Auditorio Municipal do mesmo concello, onde tamén asistiron asociacións e veciños/as.

As dúas charlas comezaron ás 20:00h presentando as actividades que mais tarde desenvolverán os educadores xunto cos equipos de voluntariado que se sumen á iniciativa. A xente interesouse pola conservación dos cursos fluviais, e mostraron iniciativa para participar nas saídas ao río que comezarán no seguinte mes.

Esta semana e a seguinte seguirán as presentacións no resto dos concellos pertencentes ao Grupo de desenvolvemento rural nº20. O día 30 (mércores) haberá unha presentación do mesmo proxecto en Pontecesures no salón de plenos do Concello (ás 20:30h), e o día 31 será no Concello de cuntis (no centro de Interpretación do Clima) ás 20:00h.

As seguintes datas de presentación pódense consultar na axenda.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com