A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño Imprimir
Envia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño a FaceBookEnvia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño a Twitter
expolobolugo.jpgDo 5 ao 19 de abril no Auditorio Municipal d'O Carballiño. Logo do seu paso por numerosas vilas e cidades galegas, este 5 de abril chega ao Carballiño a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. Pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Expo LOBO CARB.pdf Ficha técnica EXPOLOBO CARBALLIÑO (12 KB)

Contidos:
- Paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galiza.
- Fotografías sobre a especie e o seu medio.
- Elementos relacionados coa bioloxía do lobo.
- Mostra bibliográfica.
- Documental sobre o lobo rodado en liberdade.
- Elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura.
Lugar e data: Auditorio municipal, O Carballiño. Apertura o luns 5 de abril ás 18h. Estará aberta até o día 19 de abril.
Horarios: de luns a venres de 18 a 20h.
logoaaagp.jpglogoerva.jpg
Máis información, Xosé L. Salvadores, coord. da mostra e vogal de biodiversidade de ADEGA. Tel.: 659 683384; 981 570099
Promove:
Concellería de Medio Ambiente do concello d'O Carballiño.
Colabora:
Grupo de acción ecoloxista Outeiro
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com