ADEGA recolle mañá sinaturas para ILP dos residuos na Biblioteca Provincial de Lugo Imprimir
Envia ADEGA recolle mañá sinaturas para ILP dos residuos na Biblioteca Provincial de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA recolle mañá sinaturas para ILP dos residuos na Biblioteca Provincial de Lugo a Twitter

ILP-residuosLugo, 10 de decembro de 2012.- A delegación de Lugo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a longo de todo o día de mañá martes, estará na Biblioteca pública de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro, desde as 10:30h ata ás 20 h, para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor da redución, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que ADEGA, entre outros colectivos, está a levar a cabo desde mediados de xuño en toda Galiza. O obxectivo que persegue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, frear e desbotar a incineración como sistema de tratamento de lixo que o Partido popular da Xunta quere perpetuar no país, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos.

Para que esta ILP se chegue a debater no Parlamento, débense recoller un mínimo de 15.000 sinaturas, polo que desde ADEGA animamos a toda a cidadanía de Lugo ou censada en Galiza a achegarse á Biblioteca Pública provincial, ou a poñerse en contacto con ADEGA no 982240299.

Ademais da Biblioteca provincial, ADEGA xa percorreu varias facultades do Campus lucense para este cometido, como a de Veterinaria, Formación de Profesorado, Empresariais ou a Biblioteca e a Residencia universitarias. Nas vindeiras semanas seguirá colocando mesas de recollida de sinaturas noutros lugares da cidade da Muralla.

Máis info en: http://adega.gal/info/090121joomla/areas-tematicas/residuos-contaminacion/821-asina-a-ilp-contra-a-incineracion-e-pola-aplicacion-efectiva-dos-3r

Ou en: http://galizasenincineracion.wordpress.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com