Fomento acolle a demanda de ADEGA e PAEXGA e traballa na erradicación da herba da pampa na A-6 Imprimir
Envia Fomento acolle a demanda de ADEGA e PAEXGA e traballa na erradicación da herba da pampa na A-6 a FaceBookEnvia Fomento acolle a demanda de ADEGA e PAEXGA e traballa na erradicación da herba da pampa na A-6 a Twitter

herba_pampa09 de marzo de 2012.- Hai máis dun ano que ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e PAEXGA (Protectora de Animais Exóticos de Galicia) denunciamos a situación da proliferación da herba da pampa na autovía A-6. Tras a presentación das nosas reclamas, vimos comprobando que nos últimos meses, o Ministerio de Fomento está a dipoñer traballos de erradicación desta especie ao longo de toda a autoestrada A-6, algo que nos congratula e que lle recoñecemos a esta institución. Mais, tamén demandamos a mesma disposición para outras estradas principais de Galiza que se atopan na mesma situación de invasión por plantas exóticas.

A herba da Pampa ou plumeiro é unha especie orixinaria de Arxentina, potencialmente invasora, que se apropia de terreos de zonas húmidas e doutros hábitats propios, favorecendo ademais os incendios forestais. Hai máis dun ano que ambas as dúas organizacións presentamos diante de diferentes organismos responsables no mantemento de estradas e no control e xestión da especie o noso requirimento para que a especie exótica fose eliminada das medianeiras e beiras da autoestrada que percorre o país desde Pedrafita á Coruña.

Tras estas denuncias, comprobamos que ao longo dos últimos meses a empresa encargada do mantemento da autoestrada está a quitar a planta invasora da zona de influencia desta vía de comunicación e facendo seguimento ante posibles rebrotes. Por este motivo, ADEGA e PAEXGA queremos manifestar o noso recoñecemento ao labor que está a realizar o Ministerio de Fomento que, neste caso, foi o que determinou a erradicación da planta nesta infraestrutura viaria.herba_pampa2

Así mesmo, solicitamos que se teña a mesma disposición por parte de Fomento ou doutras institucións competentes en infraestruturas viarias para abordar a problemática das especies exóticas invasoras noutras estradas importantes da nosa xeografía tamén afectadas, como a autopista AP-9, nas proximidades do encoro de Cecebre, na autoestrada A-54, que une o aeroporto de Lavacolla con Santiago, na N-640, no cambio de sentido dos lagos de Teixeiro, ou na N-VI, entre outras.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com