ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo Imprimir
Envia ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo a Twitter

limpeza_rios1Lugo, 03 de outubro de 2011.-A participación de ADEGA Lugo na IV Limpeza simultánea do Proxecto Ríos centrouse, como ven facendo nos últimos anos, na cabeceira do río Rato, entre os polígonos industriais do Ceao e As Gándaras. A cantidade de lixo recollida foi sorpresivamente elevada, uns 1.200 kg. de lixo nos que predominaron refugallos industriais, de obras, plásticos e automobilísticos. ADEGA Lugo pide á Xunta, á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e ao Concello de Lugo que descarten as urbanizacións nas zonas de cabeceira dos ríos, que taponan as súas fontes de auga naturais, e que presten especial atención a aquelas que se atopan en zonas industriais, como é no caso do río Rato. Demandan, así mesmo, que se exerza maior control e vixilancia contra o depósito ilegal de refugallos nas contornas fluviais e a posta en valor das súas cabeceiras.

limpeza_rios4Un total de 17 voluntarias e voluntarios recolleron no concello de Lugo uns 1.200 kg. de lixo na zona de cabeceira do río Rato, afluente do Miño. Entre os refugallos recollidos, predominaron residuos relacionados coa actividade industrial (aceites, pláticos, madeiras, entullos de obra, etc.), automobilística (15 defensas de coches, neumáticos, lunas, tapices, asentos, etc.) e unha grande cantidade de plásticos e vidro.

limpeza_rios3Tamén recollemos electrodomésticos, pezas de baño e fomos testemuñas dun perigoso vertido de uralita, altamente contaminante e prexudicidal para a saúde humana polo seu contido en amianto.

Despois da recollida, ADEGA-Lugo organizou un percorrido pola zona alta do río para comprobar as numerosas agresións que están sufrir as fontes de auga nas que nace, ao ser tamponadas por vertedorios, polas obras do novo polígono das Gándaras e o centro comercial das Termas e outras infraestruturas, e ao recibir as augas residuais da zona industrial do Ceao.

limpeza_ros2

A través desta actividade, Proxecto Ríos e ADEGA, veñen a denunciar o estado no que se atopan as beiras e os cauces dos ríos e regatos de Galicia e tratan de concienciar á cidadanía e ás administracións competentes na conservación dos ríos e do seu ecosistema. Por iso, ADEGA Lugo demanda que Xunta, Confederación e Concello promovan conxuntamente campañas de concienciación e sensibilización sobre o tratamento adecuado de residuos, no caso do Rato, nomeadamente entre as industrias que están próximas ao regato ou ás súas fontes de auga, e que se investigue a procedencia de todos os refugallo que atopamos no lugar de recollida, especialmente os de automoción por ser os máis abundantes.

Por outra banda, ADEGA tamén cre preciso que as administración deseñen programas de posta en valor das cabeceiras dos ríos (sinalización, creación de rutas, programas de recuperación de espazos) e eviten calquera tipo de construción ou urbanización nestas áreas sensibles.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com