Adega
INICIO Novas ADEGA colabora co Colexio Galén de Lugo polo Día do Medio ambiente
ADEGA colabora co Colexio Galén de Lugo polo Día do Medio ambiente PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA colabora co Colexio Galén de Lugo polo Día do Medio ambiente a FaceBookEnvia ADEGA colabora co Colexio Galén de Lugo polo Día do Medio ambiente a Twitter
foto_galenLugo, 11 de xuño de 2010.-O Colexio de Galén de Lugo convidou a ADEGA a realizar unha charla obradorio con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. A ponencia foi a cargo de Adela Figueroa, vogal de transportes e membro da Directiva da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), coa colaboración do Departamento de Ciencias de Bioloxía e Xeoloxía do Colexio Galén. Esta sesión de traballo realizouse con 36 alunos/as de entre 10 e 12 anos. Nela traballáronse conceptos, actitudes e propostas de resolución, sobre a temática á que a ONU adica este ano para a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente: “Moitas especies. Un Planeta. Un Futuro”.

A metodoloxía empregada foi a dinámica de grupos, na que se puido constatar que os escolares están concienciados e sensibilizados co medio natural e son capaces de faceren propostas de compromiso a favor del. Entre estas propostas sinalamos algunas como a denuncia e prevención da caza e pesca furtivas, a reciclaxe do lixo e a selección deste na orixe, o coidado dos ríos e do monte ou a loita contra a introdución das especies invasoras. Neste apartado son especialmente sensibles a promover accións que eviten deixar abandonadasio aquelas mascotas que poden chegar ás casas como presentes e que, eventualmente, poidan ser desbotadas polos seus donos cando xa non son desexadas.

O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos moitos instrumentos que as Nacións Unidas elabora para loitar contra o deterioro ambiental da Terra. Neste día preténdese implicar á cidadania no coidado e respeito pola Ecoloxía, o Territorio e a Saúde do noso Planeta. Por iso ADEGA promove colaboracions con diferentes institucións para favorecer actitudes de compromiso e de responsabilidade co medio. O traballo con escolares e xóvenes é fundamental na transmisión de valores positivos cara o ambiente, pois será de agardar que estes transmitan nas súas familias os valores ambientais nun proceso de educación permanente e interxeneracional, e que eles os practiquen até acabar introducíndoos como norma de vida. Alén desta experiencia educativa, ADEGA xa cooperou neste curso con outras entidades sociais, así o pasado día 3 de xuño desenvolveu co Proxecto Home nunha sesión similar.

ADEGA valora moi positivamente este tipo de intercambios que facilitan o traballo en rede a favor do noso futuro común, base imprescindible para acadar un desenvolvemento sostible.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA