Adega
INICIO Novas Cultura atende ás alegacións de ADEGA sobre a nova estrada entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei
Cultura atende ás alegacións de ADEGA sobre a nova estrada entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei PDF Imprimir Correo-e
Envia Cultura atende ás alegacións de ADEGA sobre a nova estrada entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei a FaceBookEnvia Cultura atende ás alegacións de ADEGA sobre a nova estrada entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei a Twitter

Capela_bartolomeu_1

Lugo, 26 de maio de 2010. No ano 2006, ADEGA denunciou ante a Consellaría de Cultura que a modificación da estrada LU-232 entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei, desde o quilómetro 3,3 ao 5,4, afectaba gravemente ao contorno da Capela de San Bartolomeu e ao seu contorno. A Capela está situada a carón do Camiño Primitivo a Santiago e dispón legalmente dun perímetro de protección de 100 metros ao seu redor. A estrada, tal e como estaba proxectada, pasaría moi preto da Capela, destruiría o emprazamento orixinal do Cruceiro de San Bartolomeu e case toda a carballeira na que se asenta.

Agora ADEGA vén de recibir unha notificación da Consellaría de Cultura na que se establecen dous condicionantes para a realización da obra na parroquia do Burgo. O primeiro, que se repoñan os balados tradicionais, e o segundo, que se realice un control arqueolóxico da zona.

ADEGA alédase de que a Consellaría de Cultura tomara en conta as súas alegacións e agarda que no futuro a Deputación de Lugo teña en conta e minimice as afeccións dos seus proxectos infraestruturais sobre o patrimonio natural e cultural da provincia, sen que teñan que ser de novo o movemento ecoloxista ou os colectivos sociais os que lle lembren cales son as súas obrigas e deberes.

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA