Denuncia de ADEGA, SGHN, Verdegaia, AETNA,etc das agresións ao rio Baa Imprimir
Envia Denuncia de ADEGA, SGHN, Verdegaia, AETNA,etc das agresións ao rio Baa a FaceBookEnvia Denuncia de ADEGA, SGHN, Verdegaia, AETNA,etc das agresións ao rio Baa a Twitter

rio baaFerrol 2.10.2012. A Plataforma de defensa do río Baa, integrada polas sociedades: SGHN, ADEGA, Verdegaia, Plataforma da defensa dos camiños e Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar de Colo DENUNCIAMOS públicamente a impunidade na que se están a producir graves agresións medioambientais no río Baa e o seu entorno:

-O río Baa desecado. Un desvío do caudal do río nos altos de Laraxe provoca que o cauce natural permaneza completamente seco nun tramo de máis dun quilómetro, ata que outros aportes o van recuperando paseniño.

-Alteración da capa freática. O deseño da autovía a Lavandeira rachou o perfil natural das brañas da cabeceira do río e provocou un desvío permanente dun importante caudal cara á bacía de Perlío.

-Vertedoiros incontrolados. En zonas próximas ao río, algunhas de humidais, nos concellos de Cabanas e de Fene, entre Laraxe e Os Casais, existen máis de dez puntos de vertedoiros incontrolados que invaden a zona de policía e aumentan en dimensións e número semana a semana.

-Tala da vexetación de ribeira.

-Depósito asfáltico. Centos de miles de toneladas de refugallos asfálticos contaminantes, procedentes de Holanda, seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas invadindo a zona de policía do río .

Denuncia_Rio_Baa.2012.doc

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com