ADEGA, SGHN e Verdegaia contra as declaracións do prsdte de Augas de Galicia có asunto As Pontes Imprimir
Envia ADEGA, SGHN e Verdegaia contra as declaracións do prsdte de Augas de Galicia có asunto  As Pontes a FaceBookEnvia ADEGA, SGHN e Verdegaia contra as declaracións do prsdte de Augas de Galicia có asunto  As Pontes a Twitter

lagoapAs Pontes 1.9.2012. ADEGA, SGHN e Verdegaia expresamose a total disconformidade coas declaracións do Presidente de Augas de Galicia, nas que manifestaba non ter constancia de que se lle solicitaran datos sobre a calidade das augas que enchen o oco da antiga mina de lignito das Pontes. Cando menos en cinco ocasións no último ano, enviamos cartas, solicitudes e escritos con rexistros de entrada diante de Augas de Galiza . Nembargantes, a resposta foi cero. ADEGA Verdegaia e a SGHN solicitamos que se teñan en conta os nosos criterios, baseados fundamentalmente nas investigacións levadas a cabo pola Universidade de Compostela e expostas no proxecto do enchido, que, tendo en consideración o principio de cautela, se supervise por un equipo independente da empresa os resultados emitidos por esta e que se certifique que no momento da entrega do espazo á Xunta de Galiza os obxectivos acadados coincidan cos previstos no proxecto. En caso contrario, ENDESA debe facerse responsable dos custes orixinados para as enmendas precisas co fin de acadar que a entrada da auga no Eume se faga en condicións satisfactorias.  Información adicional: http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/829-adega-verdegaia-e-a-sghn-cuestionan-a-calidade-das-augas-que-enchen-a-antiga-mina-das-pontes

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com