Roteiro Reivindicativo po-lo Rio Baa (Fene-Cabanas-Mugardos) Imprimir
Envia Roteiro Reivindicativo po-lo Rio Baa (Fene-Cabanas-Mugardos) a FaceBookEnvia Roteiro Reivindicativo po-lo Rio Baa (Fene-Cabanas-Mugardos) a Twitter

rio baaFene-Cabanas-Mugardos (A Coruña). 9.6.2012. 2ª Roteiro Reivindicativo po-lo río Baa. Diante da problemática do depósito dos áridos almacenados nas inmediacións do Polígono de Vilar do Colo, os colectivos: PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO POLÍGONO INDUSTRIAL DO VILAR DO COLO. PLATAFOMA DE DEFENSA DOS CAMIÑOS, ADEGA, VERDEGAIA, S.G.H.N .convocamos para este próximo sábado día 9, coas actividades en defensa do entorno natural afectado por estes residuos perigosos, especialmente no que afecta  á conca do río Baa , espazo natural privilexiado, que transcurre polos concellos de Cabanas, Fene e Mugardos ,todo isto de un gran valor paisaxístico e ecolóxico.Coa finalidade de demandar unha vez máis a súa retirada. Hai que ter en conta que a día de hoxe nin siquera se levaron a diante as disposicios esixidas no seu dia pola consellería: afastamento do domininio público, gávias perimetrais, cubertas dos acopios e  reducción nun cincuenta porcento do volume  dos materiais.

 Esta actividade consistirá nunha andaina que constará de dous tramos:

  • Primeiro Tramo: aqueolóxico- patrimonial, visitaremos restos prerrománicos onde arqueólogos e outras persoas especialistas, intervirán, dando unha visión socio-histórica do entorno.
  • Segundo Tramo: natural-reivindicativo, incidiremos especialmente na necesidade da restitución da rede fluvial afectada polas meigainfraestructuras industriais promovidas por este modelo económico e político insustentable. Intervirán especialistas en arquitectura y territorio queincidirán na necesidade de respecto ao medio.

Durante o percorrido realizaránse actividades para nenos e nenas sobre medio natural e patrimonio

Facemos un chamamento á as istencia a esta Andaína para  protexer e poñer en valor este entorno natural, e seguir reivindicando a retirada  dos áridos contaminantes. O punto de encontro para a saída do roteiro é a estación de servizo do Polígono Vilar do Colo, ás 10,45h.

 Contacto: Xavi: 651884692;César: 649243611;Antonio: 608247955;Alexandre:69061273 ou Serxio: 662428976

rio_baa.Roteiro.xuño.2012.pdfrio_baa.Roteiro.xuño.2012.pdf

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com