Solidariedade de ADEGA cos mariscadores encausados polo bloqueo da ría de Ferrol Imprimir
Envia Solidariedade de ADEGA cos mariscadores encausados polo bloqueo da ría de Ferrol a FaceBookEnvia Solidariedade de ADEGA cos mariscadores encausados polo bloqueo da ría de Ferrol a Twitter

Entrada_gaseiro.Paralizacin.Xuizo_mariscadores.2012Ferrol, 22 de marzo de 2012. Os días 22, 26 e 28 de marzo nove mariscadores comparecerán diante do Xulgado do Penal de Ferrol polo acontecido en maio de 2007, cando promovido polo Comité Cidadán de Emerxencia, leváronse  a cabo as accións de protesta para impedir a entrada ilegal na ría dos primeiros gaseiros, cargados con GNL, rumbo a Reganosa e nas que participaron centos de persoas, entre outros varios representantes e membros de ADEGA na comarca de Ferrrol, algún deles testigos no xuizo. O fiscal impútalles delitos de resistencia e grave desobediencia á autoridade, e solicita penas que van até 3 anos.

A defensa da Ría de Ferrol non só compete aos mariscadores/as. O conxunto da cidadanía témola que defender. E inaceptable a persecución dese colectivo pois é vítima dunha situación cuxos responsables seguen actuando con total impunidade.

As entidades que conformamos a Asemblea Cidadá chamamos a cidadanía, a todas as orgaizacións a expresar a súa solidariedade co colectivo dos mariscadoras/es, na defensa do emprego, da Ría e da súa recuperación, mediante comunicados públicos e actos de apoio e acompañándoos os días 22, 26 e 28 de marzo diante dos Xulgados de Ferrol.

Información adicional: http://cociudem.wordpress.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com