Valdoviño. 21.12.2011. Adega, ante a problemática das inundacións nas zonas colindantes da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, denunciamos que fixéronse actuacións que nunca se deberon autorizar, permitir, e menos aínda proxectar sen ter en conta a oscilación natural que se produce no humidal,a solución da cal non pode pasar por unha continua degradación da lagoa e tamén denunciamos o incumprimento por parte dos organismos competentes da Xunta do compromiso de 2010 de “a creación dun plan de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica” tal como aprobou o propio Parlamento Galego. Valdovio.Lagoa_da_Frouxeira._Nota_de_prensa.2011.doc
|