Observación das Perseidas no Pico Vello (As Pontes) ameazado pola mina de andalucita Imprimir
Envia Observación das Perseidas no Pico Vello (As Pontes) ameazado pola mina de andalucita a FaceBookEnvia Observación das Perseidas no Pico Vello (As Pontes) ameazado pola mina de andalucita a Twitter

chuvia de estrelasFerrol-As Pontes, 12 de agosto de 2010. Dentro da campaña de defensa do Pico Vello, nas portas das Fragas del Eume, ameazado polo proxecto dunha mina de andalucita, este vindeiro 12 de agosto imos xuntarnos para observar a chuvia de meteoros das Perseidas, ou "bágoas de San Lourenzo". O punto de encontro será ás 23:30h no Galhel, moi próximo ao Pico Vello. Sairemos en carro dende Ferrol (ás 22:30 xunta Correos), pasarase por Fene ás 22:45h (no Gadis) até o punto de encontro no Pico Vello, na zona do Galhel ás 23:30h. A observación estará guiada por compañeiros da sección de astronomía da SGHN. Informacion adicional: Nés Lópes, secretario de ADEGA-Ferrolterra (649779774).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com