Roteiro reivindicativo en Pico Vello (As Pontes) en protesta pola mina xunto as Fragas do Eume Imprimir
Envia Roteiro reivindicativo en Pico Vello (As Pontes) en protesta pola mina xunto as Fragas do  Eume a FaceBookEnvia Roteiro reivindicativo en Pico Vello (As Pontes) en protesta pola mina xunto as Fragas do  Eume a Twitter

picobello4 Roteiro reivindicativo ao Pico Vello (As Pontes), xunto as Fragas do Eume, ameazado por proxecto de mina de andalucita. As entidades ADEGA A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Néboa Medioambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan, o día 15 de maio, un roteiro pola zona de Pico Vello en Goente (As Pontes).

Dende Ferrol, o traslado será en autobús. Sairá ás 10 da mañá desde a Praza de Galiza, diante do Edificio de Correos, con paradas en Caranza (na parada de buses de As Pías), Fene (Diante do Gadis), Cabanas (xunto á rotonda que hai antes da Ponte) e As Neves (Casa Toñita).

Ten un prezo por persoa de 5 € e hai de prazo para apuntarse atéo día 12 de maio no local da SGHN, na Rúa Méndez Núñez, nº11. Teléfono 981-35-28-20.

Información adicional: http://picovello.blogspot.com e http://fontardion.blogspot.com

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com