10/10/10: Festa ecolóxica en Quilmas dentro da campaña mundial 350.org Imprimir
Envia 10/10/10: Festa ecolóxica en Quilmas dentro da campaña mundial 350.org a FaceBookEnvia 10/10/10: Festa ecolóxica en Quilmas dentro da campaña mundial 350.org a Twitter
Ecofesta1Este domingo 10/10/10 en Quilmas (Carnota) celebramos unha festa ecolóxica coa promoción de produtos locais e de cultivo ecolóxico dentro dos actos mundiais da campaña 350.org. A cooperativa Rainha Lupa, organizadora do evento, nace da resposta social contra a ampliación da planta de piscicultura de Stolt Sea Farm e que iría ocupar unhas 30 hectáreas e substituir a terra cultivada por piscinas de cemento e plástico para rodaballos dopados.

Con esta festa promocionamos os produtos locais cultivados na Cooperativa Rainha Lupa de xeito respectuoso para o ambiente, como alternativa ao consumo de alimentos transportados dende todo o mundo con grande gasto de CO2 acumulado en transporte, adubos e pesticidas.

Ecofesta2O consumo de proximidade, responsábel e saudábel, a defensa da nosa biodiversidade agrícola e gandeira e o respecto pola cultura tradicional, axudan a rebaixar o CO2 na atmosfera e a contaminación en xeral.
Tamén proxectamos o documental SALMONOPOLY que visa a problemática das granxas de peixes no mundo, seguido dun coloquio-debate. Nese día vai ser clausurado tamén o curso de apicultura polo que haberá tamén unha cata do mel producido polas nosas abellas.

Organiza:

Ecofesta3Cooperativa de Agro-ecoloxía Rainha Lupa e ADEGA. Ver ubicación (ligazón GOOGLE MAPS)
Contacto: Xosé Manuel Casais (697 364124, ADEGA-Costa da Morte), Adela Figueroa (686701344)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com