A ampliación de Alfonso Molina, lonxe de solucionar os problemas de mobilidade Imprimir
Envia A ampliación de Alfonso Molina, lonxe de solucionar os problemas de mobilidade a FaceBookEnvia A ampliación de Alfonso Molina, lonxe de solucionar os problemas de mobilidade a Twitter

alfonsomolinaA Coruña, 10 de abril de 2013. O alcalde da Coruña vén de confirmar a realización da obra de ampliación de Alfonso Molina que suporá un novo carril en cada dirección entre os tramos de Ponte da Pedra e Palavea. A necesidade desta ampliación basease nun tráfico rodado duns 145.000 turismos diarios por dita vía. A pesar de que moitos políticos seguen empeñados en crer que simplemente mellorando as infraestructuras para o vehículo privado solucionan o problema do tráfico, a realidade pode ser distinta se non se planifica podendo pola contra e como sinalan como numerosos estudos, provocar un maior uso deste medio aumentando as retencións e problemas circulatorios e consecuentemente as emisións de CO2.

Semella que o concello toma esta decisión dentro da inercia dos últimos cincuenta anos na que se tomaron medidas para potenciar a utilización do coche fronte outra alternativas, favorecendo a urbanización dispersa que temos na nosa comarca, mellorando as infraestructuras para os automóbiles sen preocuparse por outro tipo de mobilidade ou creando múltiples centros comerciais nas aforas que aumentan a necesidade do coche.

As autoridades da nosa cidade teñen que cambiar de mentalidade no tema da mobilidade, facendo políticas a prol dunha mobilidade sostible e cambiando o paradigma actual, facendo que o transporte público teña máis ventaxas que o  transporte privado, e na que os cidadáns teñan máis facilidade para andar e pedalear, é decir, o concello debería de ser coherente e seguir as pautas que marca a Axenda local 21 da que forma parte.

Nos últimos anos a cidade vén presentando problemas de tráfico nas vías e nos aparcadoiros, insuficientes para o volume de coches manexado; permitindo un maior fluxo de coches privados na cidade estos problemas, lonxe de arranxarse, agravaranse drásticamente

A única vía para aliviar o tráfico nunha cidade pasa sempre por unha restricción dos dereitos dos vehículos privados e ao mesmo tempo dunha mellora sustancial do transporte público, tanto en servizo como en precios, de xeito que realmente compense ou polo menos sexa igual de eficiente en canto a tempos e cartos o uso dun vehículo comunitario que transporta a 60 persoas fronte a 60 vehículos cunha persoa. Nestos termos, sorprende ler que van ampliar outro carril máis, nunha cidade deste tamaño e con estas características, no canto de mellorar un transporte público eficiente na cidade, na área metropolitana e nos polígonos industriais.

Mais aínda supoñendo que esta medida supuxera unha menor conxestión nesos dous kilómetros, dende ADEGA preguntámonos cómo pensan manexar ese maior tráfico unha vez rematado ese tramo, xa que a ninguén se lle escapa que o resto de vías que presentan unha alta conxestión seguirán igual ou peor, e que por riba Coruña é unha península.

Así que ADEGA recomenda o concello invertir os cartos da ampliación de Alfonso Molina en medidas orientadas a unha mobilidade sostible seguindo as recomendacións que aparecen no Libro Verde do  Medio Ambiente Urbano realizado polo Ministerio de Medio Ambiente Rural y  Medio Marino, como poderían ser reducir a dependencia do automóbil, incrementando frecuencias nas liñas de bus urbano e comarcal, permitindo que os buses da comarca chegen a cidade, facendo vías ciclables ou aproveitando as vías do tren xa construídas.

En todo caso dende ADEGA, se o concello teima en gastar estos cartos na ampliación da avenida, sen esperar ao custoso plano de Mobilidade que teñen encargado, poden aproveitar para introducir un carril  bus e un carril  bici no canto dos dous carriles previstos, como xa se tiña aprobado polo concello da Coruña no ano 1958, pero do que non se voltou saber nada.     

 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com