1ª travesía en piragua pola rexeneración da Ría do Burgo Imprimir
Envia 1ª travesía en piragua pola rexeneración da Ría do Burgo a FaceBookEnvia 1ª travesía en piragua pola rexeneración da Ría do Burgo a Twitter
piragua_burgoADEGA-Coruña organiza a primeira travesía en piragua pola ría do Burgo para reclamar a súa completa rexeneración e revalorización como ben común da comarca. Será o próximo domingo 23 de outubro ás 12:00 horas, na zona do Paseo Marítimo do Burgo, ao lado da ponte sobre a ría. O percorrido comezará e rematará na ponte que cruza a ría do Burgo. Existirán tres categorías: absoluta, infantil e popular. O prazo de inscrición remata o vindeiro xoves 20 de outubro e podes inscribirte a través do correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben chamando ao 696746862 e proporcionando o teu nome completo e DNI/NIF. A inscrición é necesaria aínda que traias a túa piragua, para facer un seguro. Este domingo 23, móllate pola ría!

A categoría absoluta fará o percorrido ate a Ponte da Pasaxe, onde dará a volta, e as categorías infantil e popular realizaran a volta na metade do percorrido da categoría absoluta, ao redor dunha embarcación disposta para tal fin. A categoría popular queda aberta para todas e todos que queiran participar, trae a tua propia pirauga ou ben resérvaa ao facer a inscrición (aluguer 5€, prazas limitadas). Contaremos coa colaboración do Concello de Culleredo, a AAVV O Noso Burgo, a Confraría de Pescadores da Coruña e das Agrupacións de mariscador@s.

Con esta actividade buscamos poñer en valor a nosa ría e demostrarlle á xente que non só serve como vertedoiro dos nosos residuos, senón que tamén vale para facer deporte, para a observación de aves, como fonte de riqueza marisqueira, etc.. e que se entre todos a coidamos poderá voltar a ser ría produtiva que foi nun tempo, xa que a pesares de todas as agresións que recibiu segue albergando no seu interior unha gran biodiversidade.

O domingo 23 móllate pola ría!


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com