ADEGA ADVIRTE DOS FUTUROS PROBLEMAS DA EDAR DE BARRAÑÁN NO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS Imprimir
Envia ADEGA  ADVIRTE DOS FUTUROS PROBLEMAS DA EDAR DE BARRAÑÁN NO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS a FaceBookEnvia ADEGA  ADVIRTE DOS FUTUROS PROBLEMAS DA EDAR DE BARRAÑÁN NO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS a Twitter

depuradoraSisaldeA Coruña, 2 de febreiro de 2011. A Estación Depuradora de Augas Residuais de Barrañán ten o seu punto de vertido unha zoa de escaso caudal no río Sisalde, sendo este problema máis acusado no verán, cando case chega a secarse de todo provocando que os vertidos da EDAR desprendan un forte olor e deixando todo de cor negro. Esto foi así o ano pasado apesares de que ainda non estaban conectados á depuradora a maioría de núcleos aos que prestará servizo. ADEGA quere resaltar a importancia de que esta depuradora cumpra coa lexislación vixente xa que se atopa na zona húmida de Sisalde, no Concello de Arteixo, que é unha área de gran importancia ecolóxica pola gran variedade de seres vivos que alberga ao longo do ano, destacando as especies de aves acuáticas ligadas aos humidais; ademáis xa no ano 2004  pediuse que fora clasificado como Refuxio de fauna.

ADEGA quere resaltar que de non supervisarse como é debido está depuradora,  seguirá a degradación deste entorno, onde se atopan a fraga, o humidal de Sisalde e o areal de Barrañan, un dos areais máis concorridos da comarca coruñesa, o que podería incluso chegar a xerar problemas de salubridade no verán entre os usuarios desta praia. Hai que recordar a responsabilidade das autoridades neste caso xa que o problema parte da mala ubicación da EDAR, nunha zona dun alto valor ecolóxico e co seu punto de vertido nunha zona con pouco caudal

No día mundial dos humidais, no que se conmemora a sinatura no 1971 da Convención Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán), quérese reivindicar a importancia das zonas húmidas como recurso para mitigar os efectos do cambio climático e como hábitat de numerosas especies que constitúen un valioso patrimonio patrimonial e cultural.

É por isto que ADEGA pide a administración que se preocupe polo bó funcionamento desta depuradora para que tanto no presente coma no futuro non se dañe o valioso ecosistema deste humidal.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com