ADEGA participará en Terractiva coa expo "Rir, por non chorar" e cunha charla sobre a Eira da Xoana Imprimir
Envia ADEGA participará en Terractiva coa expo "Rir, por non chorar" e cunha charla sobre a Eira da Xoana a FaceBookEnvia ADEGA participará en Terractiva coa expo "Rir, por non chorar" e cunha charla sobre a Eira da Xoana a Twitter
cartaz terractiva 2012Compostela, 15 novembro de 2012. Esta fin de semana, días 17 e 18 de novembro, ADEGA participará na feira ecolóxica máis importante do país, Terractiva,  coa mostra de humor gráfico “Rir, por non chorar” que se enmarca dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” e unha charla sobre a evolución do proxecto "Eira da Xoana" que tras varios anos de traballo xa se está a consolidar como un dos centros de divulgación ambiental e de recuperación cultural de referencia de Galiza.
ADEGA tamén levará o seu habitual posto de información e divulgación de actividades, no que recollerá sinaturas para a ILP contra a incineración.

“Rir, por non chorar” amosará 36 obras elaboradas para tal fin por preto dunha vintena humoristas gráficos e ilustradores de toda Galiza, tales como Pinto & Chinto, Leandro, Guitián, Calros Silvar, Alberto Okidoki, Almudena, Dávida, Idoia de Luxán, Mª Carmen Ferrín, Rooster, Sergio Covelo, Marcos Beltrán, Quico, Zamudio, Miguel Fernández, Jorge Alba, Alfredo López “Tokio”. O obxectivo deste proxecto é concienciar sobre as ameazas e as agresións que se cernen sobre o noso patrimonio natural e cultural. Por outra banda, intenta buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

O acceso á exposición, que estará situada no recinto feira de Arzúa, será libre e permanecerá en Terractiva os dous días.

posto ADEGAPor outra banda, ADEGA levará a Terractiva o seu habitual posto de divulgación sobre as actividades que está a desenvolver a organización, as súas publicacións, guías e manuais, camisetas reivindicativas, e no que tamén se recollerán sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular a prol da redución, reutilización e reciclaxe, e contra a incineración.

O domingo 18, ás 5 da tarde, ADEGA ofrecerá unha charla sobre a evolución do proxecto Eira da Xoana, centro de recuperación dos saberes tradicionais de ADEGA que está situado na parroquia de Ramil (Agolada), na comarca do Alto Ulla. Este proxecto, logo de varios anos de actividade estase a consolidar como un dos centros de referencia de Galiza do ecoloxismo, da cultura tradicional e das boas prácticas ambientais. Recentemente, tivo lugar alí a II Feira de produtos naturais e artesáns que conseguiu xuntar na Eira da Xoana unhas mil persoas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com